18-23 OCT   A CORUÑA

Y después de nada

Y después de nada, de Carla Andrade, é o diario dunha viaxe-naufraxio en busca da experiencia do baleiro dende o Himalaia nepalí á súa antípoda no chileno deserto de Atacama. Durante este periplo, unha historia de amor cun cidadán nepalí pon de manifesto os privilexios dispares das nacionalidades, reflexando as gretas dun sistema cuxas consecuencias resultan nun total desamparo pola vida.