"O home sen imaxe invítanos a penetrar no fondo da historia. Segundo lembra o artista, ""Marcel Duchamp dixo que 'a visión penetra na materia sen rompela'"".
Como un home no mar agarrado ao seu barco, hoxe aferrámonos a este mundo trepidante, á incerteza da vida, pero tamén ao seu poder para dar forma á nova historia que se está escribindo entre nós. Un home sen imaxe é un símbolo de representación da loita contra o medo, contra a inxustiza que se agocha, o Home sen imaxe convídanos a atravesar o deserto imaxinario que persegue as nosas noites máis escuras e tranquilas, pero tamén, moi probablemente e paradoxalmente, as noites máis brillantes iluminadas por un raio ou un océano de preguntas. Podemos coller un barco ou simplemente andar ou voar! Imos! Pero para aventurarnos máis aló, temos que superar moitos muros, a non ser que pechemos os ollos para atravesar a materia sen rompela.
Porén, pechar os ollos é un acto de confianza no mundo..."