SUPER NATURAL é unha película que fala e escoita, que invade e busca a quen o contempla. O seu desexo é abandonar a pantalla, mirar aos que a miran e escoitalos, pero tamén ser cheirado e visto máis alá do que se ve. Unha experiencia transcendente que ocorre fóra do corpo, de todos os corpos, pero particularmente do propio. É como un súper poder e, neste movemento, céntrase a imaxe, unha existencia sensible coa que se pretende falar.