Nesta peza o mar preséntase como símbolo da dinámica da vida, do transitorio. Propón unha mirada lenta desde a que asomarse ao proceso de contemplación como exercicio poético; recrearse na observación para interiorizar os equilibrios propios da natureza. A casa, feita de espellos, reflíctese na auga e é á súa vez axente reflector, propoñendo un acto de disolución coa natureza que impulsa a repensar os nosos modos de estar no mundo.