18-23 OCT   A CORUÑA

Peter

Lucía Montero narra ao tempo que constrúe a historia do personaxe que da título ao seu proxecto: Peter. Terá sesenta e pico anos. É inglés e a autora supón que está xubilado, aínda que non o sabe. Tampouco sabe o seu apelido nin o seu número de teléfono, pero sabería onde atopalo se quixera velo de novo. Luis (82), Daniel (73) e José Luis (66), actores, serán todos Peter. E esta película, varias á vez.
Autor