"""Os que recordan"" é unha peza que xurdiu tras considerar a dicotomía entre Natureza e Cultura. Está formado por unha serie de fotografías de DNI que pertencen ao meu arquivo fotográfico familiar, sobre as que se proxecta un vídeo en bucle composto por outras imaxes de rostros humanos, xeradas automaticamente por unha páxina web (https://thispersondoesnotexist.com/) .
Contrastando o humano e o non humano, enfrontando estes dous conceptos cara a cara; as imaxes se solapan e xogan entre si, creando unha metáfora visual entre o natural, as persoas, e o cultural, o que chegamos a crear, neste caso xerando automaticamente rostros humanos, despersonalizando totalmente a imaxe dun rostro."