Helix Aspersa conta a historia de María, unha moza de 22 anos que vive baixo a opresión e a falta de comunicación coa súa nai e o mundo que a rodea. De forma súbita e inesperada, e como única forma de fuxir e escapar á súa condición, a protagonista sufrirá unha profunda metamorfose, onde os soños e a realidade iranse mesturando ata lograr que se despoxe por completo da súa humanidade, para atopar a liberdade máis alá do racional.