18-23 OCT   A CORUÑA

Doce formas y una pausa

Gari Arambarri propón Doce formas y una pausa, unha película en proceso que reflexiona sobre a posibilidade plástica da forma e a relación entre imaxe, texto e disonancia. Recolle unha serie de imaxes en Super 8 que inciden na cuestión da técnica como unha exploración dos límites e as estruturas en relación aos afectos.