Os límites entre a fisicidade e as novas realidades virtuais son cada día máis fráxiles. Estas últimas, que levan décadas incorporándose ás nosas vidas, alcanzaron tal nivel de desenvolvemento que se atopan nun proceso de mimetización plena coa realidade, e están cambiado por completo a percepción baixo a cal antes concibiamos o mundo. Díxitos fala desta simbiose virtual, pero tamén da morte na paisaxe virtual, onde o máis similar que podemos atopar é a ventá azul que aparece no ordenador cando deixa de funcionar.