A identidade é un concepto complexo, non estático, tanto persoal coma social. O mundo non é exterior ao suxeito, senón que ambos forman unha amalgama orixinal.
Formamos parte dos que nos rodean, somos suxeitos sociais.
O meu corpo é sempre con outros corpos, nun espazo-tempo concretos.
O eu non só habita en min, o eu non se encerra en si mesmo.