"Hoxe en día, ser observados e compartir datos forma unha parte máis das nosas vidas, é algo que tomamos como costume. Apps que incitan o auto-seguimento como Google Maps e outras que coñecen os nosos gustos e preferencias mediante algoritmos como Instagram ou Tik Tok, das que nós mesmos somos tanto o consumidor como o produto. Acompáñannos, formando micromundos non tanxibles dentro dunha pantalla que nos absorbe da realidade. Cada vez nos abrimos máis ao público, outros usuarios coma nós. Abrímonos individualmente, pero de forma colectiva. Construímos muros de sociabilidade inmateriais.
Esta videoinstalación, onde queda reflexado, parte da premisa que fai Guy Debord en A sociedade do espectáculo: “alí onde a realidade se transforma en simples imaxes, as simples imaxes transfórmanse en realidade” para crear unha arquitectura en torno ao mundo intanxible que é a rede, entrelazando os termos identidade, arquivo e imaxe.
As imaxes van e veñen, chocando contras as paredes do muro, intentando sobrepasalo pero sen chegar a conseguilo, seguindo algunhas o mesmo patrón de movemento que outras, marcado con cintas. Imaxes sacadas do arquivo persoal, algunhas con maior significado que as demais, pero insignificantes se atendemos á superabundancia visual á que estamos sometidos no día a día. Contén ademais unha mensaxe subliminal, a aparición dun avatar onde converxen todas, un instante apreciable unicamente se decides pararte a curiosear esa identidade na rede, que en realidade non difire tanto das demais neste mundo hiperconectado."