18-23 OCT   A CORUÑA

A fraxilidade da memoria

“A fraxilidade da memoria” é un concerto autobiográfico no que música e imaxe dialogan a través de pezas musicais de autoría propia inspiradas no meu traballo plástico. O relato vivencial da miña bisavoa materna, Perpetua, é o xerme do meu interese por temas como a memoria, o esquecemento, o tempo, o loito ou a perda como parte inevitable da vida, inspirando deste modo imaxes e melodías refuxio da memoria e da fraxilidade atemporal dos recordos. A recuperación de historias familiares e a exteriorización de acontecementos e emocións persoais a través da arte e a música dan lugar a un traballo introspectivo e persoal pero ao mesmo tempo universal, conectando ao espectador coas súas emocións e recordos máis profundos. Unha viaxe a través dos sentidos con banda sonora propia que nos conecta co noso eu máis emocional.
Autor David Catá