Yolanda Ríos

bio

Yolanda Ríos Coello é Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Graduada en Belas Artes pola mesma universidade. Na actualidade exerce como artista plástica e como docente universitaria.
Como investigadora e artista aborda a análise da noción de espazo privado/espazo público e a súa transformación na arte e na sociedade influenciados polas novas tecnoloxías da información e da comunicación. A súa linguaxe escultórica baséase na arquitectura, unha parte da súa creación artística céntrase no ámbito privado, analizado desde a perspectiva da dimensión doméstica, a casa como refuxio, un lugar que condiciona e constrúe ás persoas que o habitan. Construir lugares, habitáculos, celdas, espazos intermedios… onde poder ubicar a intimidade e as relaciós personais, desvelando como funcionan estas estruturas, reúnen ou separan, acubillan ou desamparan, illan ou comunican… Nalgúns casos traballando con materiais empregados en maquetas (papel, cartón), e noutros, con elementos propios da construción (cemento, ladrillos, metal).
Ten recibido diversos premios académicos e artísticos e participado en numerosas exposicións individuais e colectivas nacional e internacionalmente.

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane