Sabrina Ratté

txt

Voltar, regresar ao xa feito para retomalo, tranformalo, proxectar sobre el unha nova dimensión, desta volta surreal, en continuo cambio. O traballo de Sabrina Ratté rescata estruturas, movementos, estilos e materiais, para tornalos en escenarios ideais, cheos de silencio. Descontextualízaos e íllaos, e na súa soidade convértense en paraxes á vez hostís e acolledores, exteriores e interiores, íntimos, demasiado vivos para que ninguén os habite.
Patróns sinuosos entrelázanse sobre muros, columnas e mobles, nun diálogo continuo entre o orgánico e o inorgánico. A obra de Sabrina Ratté é continuamente dicotómica. Nela conviven o real e o ficticio, propiciando unha fábula estética, histórica e, sen embargo, improbable, tan nova e espontánea como as ocurrencias do inconsciente, que tenden a empapalo todo de suxerencias e ambigüidades.

Texto curatorial (por Lara Castro Lema) 

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane