Sabrina Ratté

bio

Sabrina Ratté é unha artista canadense que reside actualmente entre Montreal e Marsella. A súa obra inclúe vídeo, animación, instalación, esculturas, espectáculos audiovisuais, gravados e realidade virtual. A través de mesturar tecnoloxías analóxicas, fotografía e animación 3D, investiga a influencia dos espazos físicos e dixitais e a interacción entre estas contornas e a subxectividade. Estivo nominada ao Sobey Art Award (CAN) en 2019 e 2020 e está representada pola Galerie Charlot en París e pola Ellephant Gallery en Montreal. A súa obra foi presentada internacionalmente en diferentes institucións como o Museo Laforet (Tokio), o Centro Pompidou (París), o Museo Nacional de Belas Artes de Quebec (Quebec), a Fundación Thoma (Santa Fe), o Centro PHI (Montreal), o Museo Whitney de Arte Estadounidense (Nova York), o Centro de Arte Chqronus, (Shanghái) e o Museo da Imaxe en Movemento (Nova York).

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane