Randa Maroufi

txt

Ser cidadá significa estar, coñecer e transformar o espazo urbano. Como vivimos a cidade? De que maneira os corpos afectan e vense afectados polos espazos físicos ou polas políticas que os modifican?

Intúese neste foco un compromiso co habitar, un sutil exame das formas en que os lugares nos exclúen ou nos acollen, divídennos, condicionando os nosos movementos e viceversa, de maneira que todo se retroalimenta nunha rede complexa na que a construción e a destrución forman parte dun corpo vivo en constante mutación.

Nós, as cidadás, aínda non somos iguais. A igualdade é unha quimera do privilexio. Non vivimos todas na mesma cidade, senón que unha urbe comprende miles de cidades distintas, unhas efémeras e inestables, outras rápidas, estresantes, cidades cheas de ollos, cheas de prexuizos e obrigas, ou de oportunidades e cambios, cidades sólidas e vetustas, de traballo duro, de ocio, de supervivencia, cidades de metal e de barro, que se transforman amodo ou que non queren cambiar. Ser cidadás require tempo. A cidade ensínanos a ser, condiciona os corpos e as rutinas. A cidade é un motor, un espazo que pode e debe transformarse. As persoas, as cidadás, vivimos aquí, aquí en calquera parte, e as nosas vidas son o corpo do urbano que a través da mirada crítica de Randa Maroufi ponse en perspectiva, actívase e cuestiónase.

 

Texto curatorial (por Noa Castro Lema)

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane