Randa Maroufi

bio

Nada en Casablanca en 1987. Actualmente reside e traballa en París. Randa Maroufi graduouse no Instituto Nacional de Belas Artes de Tetuán, Marrocos (2010) e na Escola de Belas Artes de Angers, Francia (2013). Tamén obtivo un diploma de Le Fresnoy- Estudo Nacional das Artes Contemporáneas de Tourcoing, Francia (2015). Randa Maroufi foi Membro Artista da Academia de Francia na Casa de Velázquez en Madrid (2017-2018)
Pertencente á xeración que medrou nunha época dominada pola imaxe, colecciónaas con igual ahínco que desconfianza, e cuestiona a súa veracidade constantemente. Prefire poñer as súas ambiguas fabulacións ao servizo da realidade, e o seu campo de experimentación engloba a ocupación do espazo público e cuestións de xénero, onde sinala os mecanismos fundadores.
As súas últimas exposicións colectivas foron: Museo de Reina Sofía, España (2021); New Museum, Nova York (2020); MA Museum, Quebec (2019); Biennale de Dakar, Senegal (2018); Fundación Boghossian, Bruselas, Bélxica (2018), Sharjah Biennal, Líbano (2017); Videonale Bonn, Alemaña (2017); Festival Internacional de Cine de Rotterdam, Países Baixos (2016); Encontro de Fotografía Africana, Bamako, Malí (2015); Marrakech Biennale, Marrocos (2014), etc.
Recibiu múltiples premios pola súa película Le Park (2015), e Bab Sebta (2019).

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane