Os relatos como construtores

txt

En que medida coñecemos as narrativas que impregnan os espazos que habitamos, e ata que punto estas narrativas – ás veces herdadas, ás veces creadas-, permiten redirixir a mirada, poñer o foco de atención en algo que pasaba desapercibido? Son autoritarias ou liberadoras? O poder do relato é o poder da construción. Quen constrúe, delimita aquilo que existe ou, polo menos, inclínao ao seu favor. O relato percorre e é percorrido, dirixe, oculta e mostra.
En Os relatos como construtores Clara Aparicio e Susanne Wiegner xeran, a través da animación, relatos baseados en relatos e relatos que cuestionan os relatos. Ambas artistas producen experiencias surreais desde unha conciencia crítica e lúcida, moldean escenarios que permitan ao espectador observar detidamente, integrarse neles mentres os percorre e os desentraña. Trátase case sempre de lugares de tránsito, paisaxes, cidades ou habitacións baleiradas coma maquetas para convertelas en puzles oníricos de obxetos e construcións cotiás. Así, establécese un diálogo e unha colaboración entre as obras de Susanne e Clara, chamando a nosa atención sobre a inxustiza e a indiferenza, pero tamén sobre o poder da representación.

 

Texto curatorial (por Lara Castro Lema)

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane