Expo

Contemplation is watching

Susanne Wiegner

Animación 3D | Son | Cor | 6’ 18’’ | 2016

Animación 3D | Son | Cor | 6’ 18’’ | 2016

Animación 3D | Son | Cor | 6’ 18’’ | 2016

[OBRA] 

A tipografía vertical típica de Robert Lax activa unha viaxe a través do reino da imaxinación e tamén outorga algunhas pistas sobre a biografía de Lax. Vivía en Nova York cando experimentou un momento máis alá do espazo e o tempo baixo unha farola. Máis tarde, viaxou xunto a un pequeno circo antes de mudarse ás illas gregas, onde viviu coma un ermitán durante 35 anos.

[BIO] 

Susanne Wiegner estudou Arquitectura na Academia de Belas Artes de Munich e no Pratt Institute na cidade de Nova York. Traballa como arquitecta e artista 3D en Munich, Alemaña. + 

RAM City

Clara Aparicio

HD vídeo | Son | Cor | 5’ | 2014

[OBRA] 

Vídeo basado nun texto de José Luis Brea: RAM_city (Mil pantallas), parte do libro cultura_RAM. Mutacións da cultura na era da súa distribución electrónica.
É o paso dunha cidade con memoria de arquivo (ROM) a unha cidade con memoria de procesamento: RAM_city. Dunha memoria de documento a unha memoria red. Dunha memoria consigna, almacén, a unha memoria constelación, fábrica.
Nesta nova cidade non hai monumentos nin heroes que conmemorar. A historia desta cidade non está formada de momentos singulares cuxa presencia se impoña asegurándose de volver despoticamente ao presente. Aquí nada cristaliza en memoria fixada, retida. É un continuo intercambio, é un espertar permanente. A cultura non está marcada pola tradición e o seu réxime de sucesións, polas esixencias de seguir un mesmo canon.

[BIO] 

Clara naceu 1979 en Madrid, España. Graduose en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid e trasladouse a Londres, onde actualmente vive e traballa. +

De Vonk (A chispa)

Emilio Pemjean

Instalación

[OBRA] 

En febreiro de 1918 créase a casa de vacacións para traballadoras novas Vakantiehuis De Vonk en Noordwijkerhout (Holanda). Nela as adolescentes podían escapar durante unha semana ao ano da rutina e as preocupacións do traballo diario nas fábricas de Leiden.
Entre 1960 e 1980 o edificio é ocupado como residencia asociada ao centro psiquiátrico da cidade de Noordwijkerhout.
A partir de 1990 é empregado, durante quince anos, como centro para a atención de refuxiados víctimas da guerra e a violencia organizada nos seus países de orixe.
Na actualidade o edificio, transformado polo tempo e os diversos usos, é un centro de cuidado infantil.
O proxecto desenvólvese a partir da reconstrucción interpretativa (utilizando maquetas, fotografías, textos de arquivo, vídeo e son) de arquitecturas hoxe inexistentes. Na reconstrucción do vestíbulo e a escaleira de De Vonk fanse presentes as transformacións producidas ao longo do tempo. Os obxectos, os mobles ou as persoas, agora ausentes, aparecen coma espectros a través da memoria ou das pegadas case intanxíbeis que o lugar ou a súa representación conservan.
Nese espazo-simulacro, produto da imaxinación, móvense os espectros e resonan as presenzas das ausencias dos que un día o habitaron. Neste espazo en torno á escaleira establécense durante casi 100 anos conversacións ou se declaran segredos.
Como lugar entre a realidade e a ficción, construido a partir da interpretación surxida das súas ruinas, convértese en mecanismo de transformación simbólica de experiencias que non poden ser expresadas adecuadamente por ningún outro medio, capaces de disolver toda fronteira entre realidade e ficción.

[BIO] 

Concibe o seu traballo dende un marco interdisciplinar conectando a arquitectura, a pintura, a escultura, o vídeo ou a fotografía. +

Domestic Landscape

Sabrina Ratté

— Estrea española —

Proyección sobre instalación | Son | Cor | 3’ 27’’ | 2017

[OBRA] 

Creado usando unha mestura de tecnoloxías analóxicas e técnicas de animación 3D, Domestic Landscape retrata un espazo cunha identidade ambigua, existente entre arquitectura e paisaxismo, interior e exterior. O entorno provoca unha sensación de hipnose, que invita á mirada a deambular por unha arquitectura en constante evolución.

[BIO] 

Sabrina Ratté é unha artista canadense que reside actualmente entre Montreal e Marsella. A súa obra inclúe vídeo, animación, instalación, esculturas, espectáculos audiovisuais, gravados e realidade virtual. +

Barbès from the series Les Intruses

Randa Maroufi

HD vídeo | Son | Cor | 6’ | 2019

[OBRA] 

Mulleres “intrusas” ocupan o tempo dunha posta en escena, o espazo público. Usan os mesmos xestos, as mesmas posturas que os homes neses lugares: xogan ás cartas, ven un partido de fútbol naa indiferencia do paso do tempo. Ocupan as terrazas, exhíbense no estraño dun espazo público de exclusión: máis precisamente, o xénero sexual.

[BIO] 

Nada en Casablanca en 1987. Actualmente reside e traballa en París. Randa Maroufi graduouse no Instituto Nacional de Belas Artes de Tetuán, Marrocos (2010) e na Escola de Belas Artes de Angers, Francia (2013). +

Tambén presente en:
Randa Maroufi: Ciudadanxs

High Four

Anne Linke

Videoinstalación | Sen son | Cor | Loop | 2017

Videoinstalación | Sen son | Cor | Loop | 2017

Videoinstalación | Sen son | Cor | Loop | 2017

[OBRA] 

“Durante a miña búsqueda de trevos de catro follas, dinme conta da frecuencia coa que se cortan, controlan e cuidan os espazos verdes do centro da cidade. Nas illas de tráfico e nas paradas de autobús foi onde máis éxito tiven. A planta reacciona ás influencias ambientais de maneira que a contaminación produce mutacións xenéticas que fan que os trevos desenvolvan catro follas en lugar de tres. Que sorte a míña!
De cada trevo de catro follas que atopo, fago copias en branco e negro en papeis tamaño A3. A miña busca lévame a realizar a obra HIGH FOUR onde miro a miña colección de trevos e combínoa con material de metraxe atopado: espazos de busca ao longo da calzada ou o trevo de catro follas como elemento estructural na construción e arquitectura desta”.

[BIO] 

Anne Linke é unha artista visual que estudou Fotografía na Universidade de Artes de Folkwang en Essen e Time-Based Media na Universidade de Belas Artes de Hamburgo. +

Pensar cidades

Yolanda Ríos

Escultura | Cemento e acetato | 9x300x120 cm | 2013

Escultura | Cemento e acetato | 9x300x120 cm | 2013

Escultura | Cemento e acetato | 9x300x120 cm | 2013

[OBRA] 

A idea desta peza desenvólvese a partir dun mapa da cidade de Vigo, del extráese información relacionada coa orde e a forma da cidade, íllanse as formas arquitectónicas do espazo público da cidade e desenvólvense unhas pezas en cemento que se corresponden con ese conxunto de arquitecturas e espazos urbanos. Manipúlase a realidade representada reconstruindo a cidade, xerando cidades utópicas que xorden das formas da cidade de Vigo.
Finalmente, constrúese unha cidade tridimensional feita de pezas de cemento, pezas transparentes de acetato e pezas de cemento desgastadas, rotas e machucadas. É unha cidade de enerxías contrarias, entre o crecemento e a decadencia, unha cidade que se desgasta a si mesma, que se consume e se rexenera.

[BIO] 

Yolanda Ríos Coello é Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Graduada en Belas Artes pola mesma universidade. Na actualidade exerce como artista plástica e como docente universitaria.
+

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane