Emilio Pemjean
bio

Concibe o seu traballo dende un marco interdisciplinar conectando a arquitectura, a pintura, a escultura, o vídeo ou a fotografía. Reflexiona nos seus proxectos sobre o tempo, o presente e o ausente, a memoria, o que foi destruido ou transformado, os sistemas de representación e especialmente sobre a capacidade de conversión en símbolos de obxectos e arquitecturas mediante a súa reconstrución manipulada.
Compaxina o seu traballo como artista visual coa súa labor como arquitecto, docente e investigador.
O seu traballo ten sido premiado en todo o mundo e a súa obra forma parte de numerosas coleccións públicas e privadas sendo exposta por prestixiosas Institucións, feiras, galerías, festivais e eventos internacionalmente.
TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS
CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.
Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h
Fundación Luís Seoane
Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h
Fundación Luís Seoane
Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h
Fundación Luís Seoane
28 – 31 outubro
Fundación Luís Seoane