Clara Aparicio e Susanne Wiegner

Os relatos como construtores

Clara Aparicio

Susanne Wiegner

[Clara Aparicio]

Clara naceu 1979 en Madrid, España. Graduose en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid e trasladouse a Londres, onde actualmente vive e traballa.+

[Susanne Wiegner]

Susanne Wiegner estudou Arquitectura na Academia de Belas Artes de Munich e no Pratt Institute na cidade de Nova York.+

[TXT]

En que medida coñecemos as narrativas que impregnan os espazos que habitamos, e ata que punto estas narrativas – ás veces herdadas, ás veces creadas-, permiten redirixir a mirada, poñer o foco de atención en algo que pasaba desapercibido? +

Moments

Susanne Wiegner

— Estrea española —

Animación 3D | Son | Cor | 6’ 18’’ | 2019

Esta película está baseada nun poema de Robert Lax no que se describe mediante concienzudas imaxes un momento “carente de sentido” na rúa. Podería ser a espera ao seguinte bus. Son momentos que apenas percibimos, pois estamos acostumados a pasar ese tempo mirando os nosos teléfonos móbiles.

Iconosfera

Clara Aparicio

— Estrea galega —

HD vídeo | Son | Cor | 4’ 45’’ | 2015

Baseado nas pinturas que cubrían os muros das igrexas románicas, e que servían para adoutrinar á fiel nunha época na que a maioría da xente non sabía leer, este vídeo reflexiona sobre a interactividade e sobre a aparente liberdade que temos hoxe en día para elixir entre distintas posibilidades. As novas estratexias de marketing baséanse nun contenido dinámico que pretende darnos a posibilidade de elixir e que aparentemente se adapta ás nosas necesidades, gustos, ideoloxías… “Infinitos” produtos, servizos, ideas… son ofrecidos para que escollamos “libremente” entre eles. Pero todas estas posibilidades son finitas e foron xa escollidas de antemán, definindo así un espazo e establecendo uns límites.

Relato eficaz

Clara Aparicio

— Estrea galega —

Animación 3D | Son | Cor | 3’ 36’’ | 2016

Relato Eficaz reflexiona sobre o poder da perspectiva imperante e o que isto significa en relación ao espectador. A mirada controla todo. No mundo da arte, como nos demais campos, esa perspectiva, ese punto de vista, é primordialmente masculino. A maioría de representacións de mulleres que atopamos en museos e galerías, están feitas por homes. Isto cambia coas miradas das mulleres que revisan esta posición de “todopoderoso” e a perspectiva mesma. Seguindo a teoría de xénero e os estudos feministas, é responsabilidade da Historia da Arte, revisar o sistema de representación. Precisamos miradas alternativas, espazos inauditos, cuestionar esa mirada imposta que nos manipula.

the good, the bad, the ugly

Clara Aparicio

— Estrea galega —

HD vídeo | Son | Cor | 2’ 34’’ | 2009

Western urbano surrealista.

Este vídeo rompe coa continuidade narrativa da montaxe. As imaxes non seguen unha lóxica secuencial realista que comunica unha pasaxe de tempo.
Seguindo a estética VJ, as imaxes entran en conflito, se xustapoñen, forman loops e repítense, en sincronía ca música.

Bellevue

Susanne Wiegner

— Estrea española —

Animación 3D | Son | Cor | 7’ | 2020

O título Bellevue fai referencia irónica á en absoluto fermosa vista, nin á que se ve desde a xanela dun tren dunha paisaxe urbana distópica, nin, nun sentido figurado, a dun mundo que se dirixe ao abismo ou ben xa o cruzou. A desesperanza do escenario vese amplificada polas absurdas estruturas de protección e rescate. O ausente espectador, que está sentado tras o que se supón que é unha fiestra segura, contempla un deconstruido e desértico mundo ao mesmo tempo que forma parte del.

Future in the Past

Susanne Wiegner

— Estrea española —

Animación 3D | Son | Cor |  7’ 7’’ | 2015

Future in the Past é un bucle temporal virtual, consistente nun só plano secuencia. A película é unha viaxe polo reino da imaxinación persoal e as imaxes, a través de lugares surrealistas e espazos inesperados. O estilo dos diferentes interiores lembra aos cadros de Edward Hopper.

Future in the past

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane