Clara Aparicio

Bio

Clara naceu 1979 en Madrid, España. Graduose en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid e trasladouse a Londres, onde actualmente vive e traballa.
Estudou Vídeo Dixital e Animación na London Metropolitan University e Programación para Artistas en Goldsmiths University.
Crea as súas pezas audiovisuais combinando vídeo e animación con pintura, material encontrado, collages dixitais e código. Recibiu o Premio ao Videoartista máis prometedor en Madatac 07, Madrid (España) e os seus videos foron premiados en diversos festivais de videoarte como FIVAC – Festival Internacional de Videoarte de Camagüey (Cuba) y BANG – Festival Internacional de Video Arte de Barcelona (España) e proxectados en galerías, museos e espazos culturais de todo o mundo.

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane