Randa Maroufi

Cidadás

[BIO] 

Nada en Casablanca en 1987. Actualmente reside e traballa en París. Randa Maroufi graduouse no Instituto Nacional de Belas Artes de Tetuán, Marrocos (2010) e na Escola de Belas Artes de Angers, Francia (2013).+

[TXT] 

Ser cidadá significa estar, coñecer e transformar o espazo urbano. Como vivimos a cidade? De que maneira os corpos afectan e vense afectados polos espazos físicos ou polas políticas que os modifican?  +

Bab Sebta

HD vídeo | Son | Cor | 19’ | 2019

Bab Sebta é unha serie de situacións recreadas observadas na fronteira de Ceuta, unha cidade española en territorio marroquí. Este lugar é o centro do tráfico de produtos manufacturados de rebaixas; miles de persoas traballan alí todos os días.
A película transcorre nun lugar e tempo concretos: a fronteira entre España e Marrocos, a cal está chea de historias de contrabando e que resulta ser un excelente campo de xogo para poñer en escena a xente en movemento. Unha coreografía colle forma nun periodo espallado de tempo: tres momentos, tres movementos distintos, cada un deles correspondente aos pasos necesarios para cruzar a fronteira, axudan a capturar a viaxe da cámara e o fío condutor da película.
Bab Sebta vai máis alá dunha simple narrativa documental; é semellante ao vídeo experimental e pode ser percibido coma un experimento artístico que cuestiona os límites da representación. Ínstanos, aínda que sexa por un pequeno instante, a rañar a superficie da estraña realidade das cidades.

Stand-by office

— Estrea galega —

HD vídeo | Son | Cor | 13’20’’ | 2017

Preséntasenos a un grupo de persoas que está nun ambiente de oficina, onde podemos observar xestos cotiás do traballo por todo o edificio, nada parece fóra de lugar. A medida que a cámara nos leva polas diferentes salas vai mudando gradualmente a nosa percepción deste espazo concreto. Acabamos preguntándonos: Que significa esta oficina para este grupo de persoas?
*We are Here (Estamos Aquí) é un grupo de refuxiados de Amsterdam ao cal non so non se lle proporciona vivenda por parte do goberno, senón que tamén se lles prohíbe traballar e, por tanto, vense obrigados a vivir na rúa. Este grupo decidiu facer visible a situación inhumana na que viven, deixando de agocharse e amosando a situación dos refuxiados que se atopan á marxe do sistema nos Países Baixos.

The ParK

— Estrea galega —

HD vídeo | Son | Cor | 14’ | 2015

Unha cámara que deambula paseniño por un parque de atraccións abandonado no corazón de Casablanca. Esta película debuxa un retrato da mocidade que frecuentan este lugar e amosa instantáneas da súa vida, meticulosamente encadradas e a miúdo inspiradas por imaxes recollidas de redes sociais.
Desexos de cuestionar diferentes puntos de vista e de multiplicar as posibilidades: momentos con gran carga política, perigo conxelado no tempo, o intre xusto antes de actuar… Mediante a inmediatez e a ilusión, o espectador observa “algo que está a punto de pasar” e convídaselle a aceptar unha experiencia de duración.

TRAZADOS, TRÁNSITOS E CIDADELAS

CIDADELAS compóñena, por unha parte, a exposición Trazados tránsitos e cidadelas na que artistas de todo o mundo propoñen a súa visión do urbano e do espazo común e, por outra, tres sesións monocanle, nas que se pon en foco a obra de catro destas artistas, profundizando nos seus discursos individuais, que investigan dende o social, o poético e o íntimo.

Mércores 27 outubro | 20:30 – 21:30h

Fundación Luís Seoane

Mércores 27 outubro | 21:30 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Xoves 28 outubro | 20:30 – 22:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane