18-23 OCT   A CORUÑA

Residencias

Y después de nada, de Carla Andrade, é o diario dunha viaxe-naufraxio en busca da experiencia do baleiro dende o Himalaia nepalí á súa antípoda no chileno deserto de Atacama. Durante este periplo, unha historia de amor cun cidadán nepalí pon de manifesto os privilexios dispares das nacionalidades, reflexando as gretas dun sistema cuxas consecuencias resultan nun total desamparo pola vida. [ × ]
Urrutia é un proxecto de Ainara Elboibar que tece relacións entre materiais diversos: as imaxes en 16mm da avoa da autora e a súa casa, unha maqueta do telescopio James Webber, as imaxes que a Nasa comparte sobre o telescopio, as que compartirá sobre a (case) orixe do universo, as fotografías que viaxan ate a (case) orixe da familia de Elgoibar, e outras historias sobre o mundo, a luz, as ondas, as tecnoloxías, o tempo e as súas escalas. [ × ]
No film Ensayo para una revuelta, de Pilar Monsell, un grupo de mulleres de orixes e identidades sexuais diversas pon en escena un descoñecido levantamento popular que foi liderado por outras mulleres, moito tempo atrás, na cidade de Córdoba: “O Motín do Pan”. [ × ]