18-23 OCT   A CORUÑA

1 to 1

Gari Arambarri propón Doce formas y una pausa, unha película en proceso que reflexiona sobre a posibilidade plástica da forma e a relación entre imaxe, texto e disonancia. Recolle unha serie de imaxes en Super 8 que inciden na cuestión da técnica como unha exploración dos límites e as estruturas en relación aos afectos. [ × ]
Daniel Domínguez presenta o proxecto La representación es un remolino en un río (A representación é un remuíño nun río), enmarcado dentro da idea de cambiar as formas de interactuar que temos coas nosas representacións da realidade. A través do uso de IAs (Intelixencias Artificiais) que modifican imaxes audiovisualmente. [ × ]
Inés Espinosa propón unha reflexión xeracional: Aunque todo parezca quieto (Aínda que todo pareza quedo) atravesa a nostalxia e identifica a emoción dende a estrutura política. Trátase dunha exploración millenial cargada de vaivén, parálise, desorde e melancolía. O ano 2000 marca un cambio de milenio e establece unha definición colectiva para a xente que madra con ese cambio. [ × ]

Lucus

color
Lucus, de David Fidalgo é un proxecto de curtametraxe de animación 2D dixital, no que se narra unha traxicomedia histórica de fantasía baseada no camiño do heroe, neste caso heroína, ambientada no Lugo romano, algo que nunca se realizou nin en ficción nin en animación. [ × ]
Inés García retoma o mito que da nome ao seu proxecto: Eurídice. Chegou o momento para Eurídice de falar, respaldada por todas as representacións do mito ao longo da historia, ela reivindica o seu lugar. As correntes externas empuxan o relato a evolucionar unha vez máis e a ser reflexo dunha nova concepción material. Un corpo do presente con memorias ancestrais que camiña cara unha paisaxe descoñecida. [ × ]
Con Run Economy, Leonardo Jimenez pretende visibilizar a actual problemática social, económica e cartográfica existente en Ecuador, con respecto á continua “loita” entre os comerciantes informais e a policía metropolitana; motivación necesaria, para desenvolver un videoxogo (singleplayer) onde xs usuarixs teñan a oportunidade de involucrarse con aquelas dinámicas entre territorio e capitalismo. [ × ]
A vergoña, entendida como un axente que se adhire a outras emocións e procesos, transfórmase complicando a súa comprensión. Dada a súa multiplicidade, este traballo confronta a vergoña dende tres ámbitos: a vergoña individual, a colectiva e a histórica; todas elas vertebradas por un enfatizador da vergoña, a experiencia queer. [ × ]
Isabel Merchante propón A Beautiful Sunset, instalación que supón unha colaboración con varias intelixencias artificiais que describen, mediante imaxes e poemas autoxenerados, un atardecer. Así componse unha paisaxe sonora e lumínica dun mundo alleo que só podemos intuir. [ × ]

Strana

color
Diana Mizrahi conta en Strana a lenda familiar de Lucia Antonutti, bisavoa da directora, que antes de emigrar á Arxentina, a principios dos anos trinta, tentou asasinar a Mussolini. A viaxe da cineasta ao Friuli para entender que ocurrorreu radiografía unha identidade porosa, marcada polas migracións e a loita. [ × ]

Peter

color
Lucía Montero narra ao tempo que constrúe a historia do personaxe que da título ao seu proxecto: Peter. Terá sesenta e pico anos. É inglés e a autora supón que está xubilado, aínda que non o sabe. Tampouco sabe o seu apelido nin o seu número de teléfono, pero sabería onde atopalo se quixera velo de novo. Luis (82), Daniel (73) e José Luis (66), actores, serán todos Peter. E esta película, varias á vez. [ × ]
En Los cantos de Piti Laudio, Afra Rigamonti preséntanos a un grupo de persoas con diferentes patoloxías que afectan ás súas capacidades físicas, representando unha ópera experimental. Música e imaxe perseguen unha armonía disidente, unha experiencia de subversión de normas que dilúen as fronteiras entre o belo e o grotesco, o humano e o monstruoso. [ × ]
Victor Soho imaxina no proxecto Adolescencia Infinita tres momentos na historia do mesmo personaxe. Natalia, 14 anos. É unha moza insegura. Apenas ten amigues e pasa o seu tempo xogando online. Natalia, 102 anos, é unha muller confiada. Atópase exiliada na China por pertencer a unha banda terrorista galega. Unhe alieníxena tecno-biólogo, milenios despois da extinción da raza humana, tenta reconstruír a súa historia. [ × ]