18-23 OCT   A CORUÑA

Galicia

The Softboy

Digital y Machinima
Estéreo
color
16'
España
2021
The Softboy é un audiovisual creepypasta que narra o encontro co Softboy, un ser brando e suave. A figura non espectral, non monstruosa, pero si terrorífica do Softboy serve como arquetipo para desentrañar a masculinidade suave/branda e o seu papel na sofisticación da violencia machista. [ × ]

Monocanal

DV e HDV
AAC
color
11'
2022
A peza constitúe un desarme do propio concepto que lle da título, usado profusamente no mundo da videoarte, ás veces en exceso. A cinta comeza cunha gravación en tempo real da retroalimentación xerada ao conectar a cámara de video e o monitor de televisión mentres emite, situación que orixina imaxes descontroladas entre estes dous campos magnéticos. Esta filmación móstrase, á súa vez, nun monitor dun museo e a escea é gravada por unha cámara que proxecta o que ve nunha pantalla… Ata colapsar. [ × ]

Quebec Delta

Digital
ACC
color_black_and_white
5'
España
2021
Quebec é unha cidade de Canadá onde meu avó pescou nalgunha ocasión e Delta é a variante do Coronavirus da que me contaxiei no momento de montar esta peza. Quebec Delta no código Internacional de Sinais significa seguir adiante. [ × ]

Interludios

Video HD
Stereo
color
5'
Galicia/España
2022
Esta peza reflexiona sobre a potencialidade do acto perceptivo, o que aparece, sen a envoltura e oclusión establecida polo utilitario ou instrumental, coa fin de mostrar ao universo activo e a estrañeza que preserva o cotián, en espesa desa mirada, acción ou articulación que revele ese lugar íntimo onde agardan os múltiples posibles, a beleza íntima das materias, a súa masa de atractivos ocultos, manifestando a inestabilidade do vivo. [ × ]

Contra la imagen, fuego escita

Vídeo Full HD / Aspecto 16:9
Estéreo
color
13'
España
2021
A adaptación cinematográfica Guerra e Paz de Bondarchuk inicia cunha voz en off: “Toda idea con grandes consecuencias nace de algo tremendamente simple”. O pensamento trivial dun ser humano pode desembocar nunha revolución, unha guerra, a fin dunha civilización. A visión lateral de varias pestanas do explorador con tes noticias: a reedición aumentada de Apocalipsis Now, as reaccións de Messi ante a cancelación dun amigable, o achado dos restos dun soldado de Napoleón na campaña en Rusia. Todo arde. [ × ]

Dígitos

MOV (Digital)
mp3 (aac)
color
6'
España
2022
Os límites entre a fisicidade e as novas realidades virtuais son cada día máis fráxiles. Estas últimas, que levan décadas incorporándose ás nosas vidas, alcanzaron tal nivel de desenvolvemento que se atopan nun proceso de mimetización plena coa realidade, e están cambiado por completo a percepción baixo a cal antes concibiamos o mundo. Díxitos fala desta simbiose virtual, pero tamén da morte na paisaxe virtual, onde o máis similar que podemos atopar é a ventá azul que aparece no ordenador cando deixa de funcionar. [ × ]

Sen título (temporalmente)

4K .mov H264
Estéreo
color
3'
España, Escocia
2021
Nesta peza o mar preséntase como símbolo da dinámica da vida, do transitorio. Propón unha mirada lenta desde a que asomarse ao proceso de contemplación como exercicio poético; recrearse na observación para interiorizar os equilibrios propios da natureza. A casa, feita de espellos, reflíctese na auga e é á súa vez axente reflector, propoñendo un acto de disolución coa natureza que impulsa a repensar os nosos modos de estar no mundo. [ × ]