18-23 OCT   A CORUÑA

Pauline Julier I

Tras a erupción do volcán Eyjafjöll, a cineasta e artista visual Pauline Julier atópase atrapada nun aeroporto ao outro lado del mundo. Un comezo fértil da historia cando un se interesa polos mitos e historias que teñen a súa orixe nun volcán. Dende un encontro cun paleobotánico chino que reconstrúe un bosque de vai 300 millóns de anos, pasando por unha clase particular e unha proxección de diapositivas con Philippe Descola sobre a noción da paisaxe, ata unha visita ao museo con Bruno Latour, a cineasta inspecciona a idea (ou máis ben a invención) do concepto de Natureza e as súas elucubracións humanas relacionadas. Propoñendo unha exploración vertixinosa en torno a unha suposta domesticación da paisaxe, Pauline Julier fai tremer as placas do que pretendemos coñecer. [ × ]

after

HD
color_black_and_white
8'
2012
A través dunha analoxía tomada do escritor estadounidense David Foster Wallace, «after» cuestiona un sentimento posmoderno: no medio da noite brillan uns fogos de artificio mentres un narrador describe unha festa que se volve máis desacougante a medida que avanza. [ × ]
Composto por archivos, personais ou prestados das redes sociais, Cercate Ortensia é unha expresión de desorde así como un gran alento. Unha plétora de fragmentos de memoria colisionan dende humanos caminañdo por libre ata vellas estatuas de ollos vacíos, entre hortensias, pais cansos e ceos vermellos. A película inspírase en La Libellula (Panegirico della libertà), un "poema político, feminista e tamén poético" de Amelia Rosselli (1930-1996). [ × ]
TITANIC é unha distopía poética en 3 cadros imaxinados como un eco do noso tempo: mentres unha catástrofe está en marcha, "o espectáculo debe continuar". [ × ]