18-23 OCT   A CORUÑA

Flatform

Storia di un albero

4k dixital
color
24'
2020
A película é un retrato dun organismo vivo non-humano, o cal é unha árbore. Unha longa escena condúcenos ao interior das súas ramaxes, e vira seguindo a sinuosidade da follaxe de dentro cara fóra desde unha curta distancia. A monumentalidade visual dos seus trazos vese contrarrestada polo seu ser aparentemente silencioso. A perspectiva sonora da película dálle á árbore os sons provenientes da natureza que a rodea. Estes sons vólvense como os seus propios, e esténdense ao longo da súa vida biolóxica, e parecen brotar do mesmo. Durante o transcurso da súa milenaria existencia, diversos acontecementos, causados tanto pola natureza como causados polo home, sucederon na zona onde este carballo de Valonia, protagonista da película, ten as súas raíces. Os ruídos de pastos, guerras e rupturas, así como os diálogos en jiddish, arbëreshë, bizantino, turco, español, griko, albanés, romanés, francés salentino e ademais da música e os cantos, todos xuntos proveñen do período de vida desta árbore. Todos eles crean o zume sonoro da árbore, a cal se converte na paisaxe sonora da película. [ × ]
A terra e a auga son os protagonistas desta obra, tanto coma as persoas e as cousas que padecen os seus cambios. Nunha longa secuencia ao longo da illa de Funafuti, tanto a seca coma a inundación altérnanse de maneira fluída e sen ningunha interrupción. Os lugares e as accións dos seus habitantes no seu constante tránsito dun estado a outro deixan de lado os dous elementos recorrentes da illa: A espera e a suspensión. Desde hai anos, Funafuti, arquipélago de Tuvalu, é o escenario dun fenómeno extraordinario: Por mor do sobrequecemento do mar, a auga salgada xorde da superficie e flúe a través dos poros da terra asolagándoa. [ × ]

Quantum

Full HD
color
8'
2015
Un pobo visto desde un outeiro que se atopa en fronte a el é observado como un modelo arquitectónico iluminado polas luces dunha casa. Os sons anulan a distancia do plano e amplifican os detalles dos lugares e das situacións iluminadas polos feixes de luz. Tanto os lugares como as situacións aparecen como miniaturas e ademais están animados polas luces da habitación. Os sons dunha banda de vento cambian e duplícanse. O aria dunha ópera, privada de voz, reverbera nas luces e na paisaxe subtraídas. [ × ]
Os elementos deste vídeo mostran as ruínas dunha casa para atraer paxaros, o cuarteto en Fa maior de Maurice Ravel e a choiva, o vento, a neve e a néboa. Unha longa escena presenta unha secuencia inverosímil onde suceden os catro fenómenos meteorolóxicos que ocorren nas diferentes partes das ruínas. Os catro instrumentos musicais, que interpreta o cuarteto, deixan de ser un conxunto e convértense de forma individual nas pistas de audio correspondentes a cada un dos climas. Desta forma, o son do primeiro violín gotea coma a choiva, o segundo violín atópase cuberto pola neve, a viola móvese coma o vento e o violoncello resoa dentro da néboa. [ × ]
Secuencias de paisaxes rodadas nunha área de 60km conforman mosaicos de lugares e eixos de referencia nun cambio constante e que non existen na nosa contorna. Nesta película os corpos non están nin preto nin lonxe. Poden ser grandes ou pequenos. Os horizontes cambian e ningún espazo é independente do espectador. Só se incorpora a memoria, a paisaxe pódese ver nunha variedade de velocidades e movementos que aplican unha lóxica á visión. [ × ]
Pedímoslles a 12 persoas que percorresen 4 camiños idénticos ao longo dun día e unha noite, sempre tentando repetir o camiño da primeira vez. Mentres se movían, se concentraban no seus pasos e o seu ritmo, e a repetición os inmunizaba de ter que dar sentido aos seus movementos. Sen se daren conta do paso do tempo, percorreron a noite durante o día e mesturaron a escuridade coa luz. [ × ]