18-23 OCT   A CORUÑA

Expo Galicia

Elefante

Vídeo HD
Estéreo
color
16,7 ms
Galiza
2022
"Quando acordou, o elefante ainda estava lá. Elefante é a película mais curta possível. Elefante consta dum único fotograma, com umha duraçom de 1/60 de segundo (16,7 milissegundos). Elefante é a demonstraçom da essencial diferença entre fotografia e cinema, da radical diferença entre fotograma e fotografia: o cinema nom é movimento (impossível reproduzir movimento com um só fotograma) senom tempo visual. Elefante impom a sua (exígua) temporalidade, à vez mostrando e ocultando. Elefante é cinema político, delaçom da brutalidade dum estado fascistoide (ilegalizaçom de partidos políticos, encarceramento de jornalistas) cuja obviedade todo o mundo parece querer negar, denúncia da censura e manipulaçom dos meios de comunicaçom que só mostram o que os amos do mundo lhes permitem mostrar. " [ × ]
Corpo, emocións e mente son escampados eternamente mutantes, alterados polo anciño e a aixada de cada vínculo creado. Un rastro de terra e auga no chan, pel e tecido. A aixada, o anciño, o cubo de auga, rompen, acariñan, mollan, erosionan este non-lugar habitado por dous transeúntes que vagan e se atopan. É un estoupido do espazo, do ‘eu’ a través das pegadas que deixamos neste. [ × ]
"“É como se os millóns de séculos que moldearon os nosos órganos auditivos houbesen posto especial coidado en dortarnos dun sistema permanente de alarma. Este dinos case ao instante o que está acontecendo, e dinos se este acontecemento está a ameazarnos, a reconfortarnos, a interesarnos; en poucas palabras: se nos concirne” Olivier Revault d’Allones, “Musique et philosophie”, en L’Esprit de la musique1992, p 37 “Os sons non son as manifestacións de acontecementos que suceden ás cousas, tampouco son calidades dos acontecementos; son os acontecementos”. Francis Wollf, “Por que a música? 2021, p 49 Existe unha relación especial entre o son e o acontecemento. Para que haxa son debe pasar algo, debe moverse algunha cousa, debe acontecer un feito. Sen movemento non hai son. Os sons significan aconteceres. Para a realización desta peza impregnei con óleo de cor negra a man esquerda da pandereteira para que, ao interpretar co seu instrumento os distintos ritmos en secuencia que dan nome á obra, fora deixando a impresión de cada golpe no parche da pandeireta. A interpretación foi gravada nun vídeo monocanle. Nun intento de xerar novas formas de rexistro visual destes sons pertencentes á tradición, xérase unha peza pictórica monocromática producida como consecuencia do proceso performativo sobre o propio instrumento e, á súa vez, unha peza de vídeo (que amosa a tempo real a interpretación coa pandeireta) sen son, o que provoca que non poidamos escoitar, senón que teñamos que intuír ou deducir visualmente os ritmos nomeados no título. Así, esta peza, realizada con pintura negra, que nega toda tridimensionalidade e que nos remita á cor da notación tradicional na música, supón un intento de lexitimar novas formas de afrontar e rexistrar determinados acontecementos derivados das tradicións musical e pictórica, e nos fala da tentativa obstinada e ininterrompida de creación de novos códigos de entendemento entre o visual e o sonoro. " [ × ]

PENSAMIENTO SONORO

.mov
Estéreo (2 canales)
color
2'
España
2022
#pensamentosonoro, un exercicio de escritura sen tinta, realizado utilizando unha antiga pluma sobre follas douradas de papel de seda. Trátase dun intento de rexistro do pensamento a través da gravación do son xerado polo acto de escribir palabras resultantes polo fluír da conciencia a través da escritura automática. Este xesto, que implica a intención de ausencia de control da razón, por outra parte invita aos asistentes a unha escoita activa. O son xerado será capturado a través do uso dun micrófono de contacto, para ser posteriormente utilizado como material plástico de composición na obra. Para inscribir o efémero, a artista recupera o manual a través do manuscrito, manipúlao e edítao dixitalmente para finalmente depositalo nun medio de almacenamento analóxico de sinais sonoras. Esta acción potencialmente infinita tadúcese nun testemuño que pode ser mirado e escoitado sen ser lido. Unhas notas de pegadas trazadas que se materializan raiando e tachando innumerables frases fragmentadas e cruzadas. Reminiscencias interrompidas, superpostas, feridas, confusas e medio esquecidas. Memorias rotas, capaces de xerar instantes rápidos que diminúen o tempo nun intento frustrado de facer tanxible o intanxible, coma un golpe sen marca. O pensamento sonoro é tamén unha categoría da psiquiatría utilizada para falar das alucinacións auditivas. [ × ]

Paralel@s

JPEG
sen son
color
13''
España
2022
Un xogo anamórfico de liñas paralelas evocadores de elementos cotiás, configuras a través da montaxe de fotogramas unha sorte de etiquetas (cancelo #) recoñecibles nas redes sociais. Un so punto de vista para que o público as recoñeza, e outros moitos puntos de vista onde as súas interseccións inundan a realidade do espazo físico. Paralel@s é unha reflexión crítica ao tempo dedicado nas redes sociais. Unha reflexión á importancia dos actos cotiás na finitude da nosa existencia. Unha reflexión á ilusión de realidade da información dixital. Unha mirada ao abismo dunha ventá clausurada ao mundo. [ × ]

La vida y el juego

mp4
mp4
color
2'
España
2022
A vida, o xogo, a luz e a noite, a natureza e o artificial. Onde se disolven e se mesturan os límites xoga este vídeo. Con música que se crea nunha pequena aldea remota, amósanos unha conexión de sentir e de unir coa natureza. [ × ]