18-23 OCT   A CORUÑA

Escolas – Expo

Catro estudiantes confinados. Unha videochamada. [ × ]

Walkabout

mp4 1920x1080
mp4
color
60''
España
2022
Walkabout xira en torno ao concepto deriva; entendida como unha pulsión enerxética que persegue romper coa orde establecida, renunciando á forma convencional. Adoptando unha estratexia que contempla o desprazamento dende o azar. Rexeitando a estrutura fixa e apostando por un movemento de liñas quebradas e de intermitencias. Trátase de levar o concepto a través dunha polifonía de imaxes de distinta orixe que conversan nun mesmo espazo sobre diferentes soportes. Unha pequena xeografía de sensacións, chispazos, raios de luz que más que concluír nun mesmo punto, teñen un carácter aberto e disperso sostido no tempo. [ × ]

O tempo é conmigo

mp4
Sen son
color
8'
España
2021
Esta obra fálanos do paso do tempo no proceso creativo mediante o uso de metáforas visuais. O proceso de gravación foi moi sinxelo, a obra adquire a maior parte do seu significado no proceso de edición. [ × ]

A>v

Dixital
Estéreo
color
5'
España
2021
"Unha ráfaga de imaxes de diferentes aes entrelázanse nunha rápida sucesión de uves. Ambos parecen bater o espazo para atopar ou desfacerse das súas semellanzas. ""A > v"" é un conxunto de fotografías tomadas en ráfaga, que se alternan con coidado durante o proceso de montaxe. Un rexistro de diferentes formas textuais e unha tentativa de facer que permanezan como imaxe." [ × ]
"Hoxe en día, ser observados e compartir datos forma unha parte máis das nosas vidas, é algo que tomamos como costume. Apps que incitan o auto-seguimento como Google Maps e outras que coñecen os nosos gustos e preferencias mediante algoritmos como Instagram ou Tik Tok, das que nós mesmos somos tanto o consumidor como o produto. Acompáñannos, formando micromundos non tanxibles dentro dunha pantalla que nos absorbe da realidade. Cada vez nos abrimos máis ao público, outros usuarios coma nós. Abrímonos individualmente, pero de forma colectiva. Construímos muros de sociabilidade inmateriais. Esta videoinstalación, onde queda reflexado, parte da premisa que fai Guy Debord en A sociedade do espectáculo: “alí onde a realidade se transforma en simples imaxes, as simples imaxes transfórmanse en realidade” para crear unha arquitectura en torno ao mundo intanxible que é a rede, entrelazando os termos identidade, arquivo e imaxe. As imaxes van e veñen, chocando contras as paredes do muro, intentando sobrepasalo pero sen chegar a conseguilo, seguindo algunhas o mesmo patrón de movemento que outras, marcado con cintas. Imaxes sacadas do arquivo persoal, algunhas con maior significado que as demais, pero insignificantes se atendemos á superabundancia visual á que estamos sometidos no día a día. Contén ademais unha mensaxe subliminal, a aparición dun avatar onde converxen todas, un instante apreciable unicamente se decides pararte a curiosear esa identidade na rede, que en realidade non difire tanto das demais neste mundo hiperconectado." [ × ]

Los que recuerdan

mp4
Sen son
color
1'
España
2021
"""Os que recordan"" é unha peza que xurdiu tras considerar a dicotomía entre Natureza e Cultura. Está formado por unha serie de fotografías de DNI que pertencen ao meu arquivo fotográfico familiar, sobre as que se proxecta un vídeo en bucle composto por outras imaxes de rostros humanos, xeradas automaticamente por unha páxina web (https://thispersondoesnotexist.com/) . Contrastando o humano e o non humano, enfrontando estes dous conceptos cara a cara; as imaxes se solapan e xogan entre si, creando unha metáfora visual entre o natural, as persoas, e o cultural, o que chegamos a crear, neste caso xerando automaticamente rostros humanos, despersonalizando totalmente a imaxe dun rostro." [ × ]