18-23 OCT   A CORUÑA

Escolas – Monocanal

Madrid. Abril. 2020. COVID-19. Unha moza está na súa casa aburrida, un mozo síntese só na súa habitación. Non se coñecen pero se imaxinan a través dun chat. Durante as súas conversas, iniciarán unha viaxe no espazo e no tempo para fuxír do seu encerramento. [ × ]

Helix Aspersa

Red Epic
5.1
color
21'
España
2022
Helix Aspersa conta a historia de María, unha moza de 22 anos que vive baixo a opresión e a falta de comunicación coa súa nai e o mundo que a rodea. De forma súbita e inesperada, e como única forma de fuxir e escapar á súa condición, a protagonista sufrirá unha profunda metamorfose, onde os soños e a realidade iranse mesturando ata lograr que se despoxe por completo da súa humanidade, para atopar a liberdade máis alá do racional. [ × ]

@aaquetecallesss

H.264
AAC
color_black_and_white
15'
España
2022
Proxecto colectivo baseado no xogo infantil “Cadáver exquisito”. Nel, participan trinta persoas en total, elixidas ao azar semanalmente de forma confidencial, coa premisa de trista segundos de vídeo máximo por persoa mediante a rede social Instagram a través da conta @aaquetecallesss. [ × ]
Dous radioafeccionados vense inmersos nun misteriosos universo de artefactos antigos, antenas e ondas electromagnéticas. Diversas dificultades farán que se esforcen por conseguir a mellor comunicación a longa distancia. [ × ]
A identidade é un concepto complexo, non estático, tanto persoal coma social. O mundo non é exterior ao suxeito, senón que ambos forman unha amalgama orixinal. Formamos parte dos que nos rodean, somos suxeitos sociais. O meu corpo é sempre con outros corpos, nun espazo-tempo concretos. O eu non só habita en min, o eu non se encerra en si mesmo. [ × ]