18-23 OCT   A CORUÑA

Daniel Blaufuks

Utilizando imaxes dunha vella bobina amateur, comprada en e-bay, este traballo persoal detense nun lugar de Polonia, onde os xudeus constituíron unha parte importante da poboación e desapareceron por completo tras o seu regreso [ × ]
Nalgunhas culturas dise que se podes cruzar a auga cunha candea acesa, poderás salvar o mundo, tal e como fixo o poeta de Nostalghia, de Andej Tarkovsky, nas últimas escenas da película antes de morrer. Esta homenaxe a ambos Ta rkovsky, pai e fillo, rodouse na illa de São Miguel nas Azores xusto antes de que a pandemia chegara a Europa. [ × ]
Inspirada en La Disparition de Gerges Perec, unha novela escrita sen utilizar a letra E, esta obra consiste nun remake do clásico de Jean-Luc Godard A Bout de Souffle, no que desapareceron todas as tomas coa personaxe principal, o papel de Jean-Paul Belmondo. O que queda nesta ausencia é a nosa memoria cinematográfica, que trata de encher este vacío, ao redor do cal todo parece xirar, de forma instintiva. [ × ]
Tomando bobinas atopadas de persoas descoñecidas e, cun mínomo de edición, volvendo a presenta o que antes estaba destinado a un círculo familiar, créanse outro tipo de lecturas tratando de recoñecer lugares, identificando momentos similares nos nosos propios contextos familiares ou, incluso, ao envexar esa realidade perdida no tempo e na memoria doutros que non somos nós. E, de repente, dámonos de conta de que a súa memoria converteuse na nosa. [ × ]