18-23 OCT   A CORUÑA

Corte Final

Y después de nada, de Carla Andrade, é o diario dunha viaxe-naufraxio en busca da experiencia do baleiro dende o Himalaia nepalí á súa antípoda no chileno deserto de Atacama. Durante este periplo, unha historia de amor cun cidadán nepalí pon de manifesto os privilexios dispares das nacionalidades, reflexando as gretas dun sistema cuxas consecuencias resultan nun total desamparo pola vida. [ × ]
Dora García presenta o proxecto experimental de cine/arte Amor Rojo, no que utiliza a figura de Alexandra Kollontai (1872-1952), teórica marxista e revolucionaria soviética, feminista radical e activista sexual, como guía para recorrer o laberinto da liberdade feminina, a emancipación sexual e o amor como arma. [ × ]
En Turismo de guerra Kikol Grau mestura recreacións, son, “cosplay”, memoria histórica e arquivo, fundamentalmente sonoro. Propón unha reescritura necesaria que axude á reflexión e á crítica, unha viaxe na que penetraremos de forma irónica nos sucesos remotos a través de perspectivas vixentes. Da Guerra tamén se sae. [ × ]
Alén Mar, de Andrés Sanjurjo, é un diario de viaxe que mostra a relación dunha parella co mundo a través da mirada melancólica sobre a ausencia dunha irmá. Fainos reflexionar sobre como aprender a vivir no mundo sen un ser querido. [ × ]