18-23 OCT   A CORUÑA

BASE

En Salvaxe, salvaxe, o cineasta Emilio Fonseca propón unha pregunta utilizando as ferramentas sensoriais do cine: é posible coñecer aquilo que é salvaxe? A súa exploración abre ao público unha experiencia inmersiva: o cine como encontro coa natureza que somos. [ × ]
No seu Manifesto Maxilar: o proceso Dis[x]alfa, Berio Molina aborda o tema da morte da linguaxe, a incapacidade da sociedade para dar cabida a formas de comunicación fóra do normalizado. O título fai referencia á discordancia coa alfabetización, ou á disidencia respecto á linguaxe, e ao ter o formato dun manifesto. [ × ]
Irueña, mon amour é a primeira longametraxe documental de Olatz Ovejero, na que busca indagar na memoria da actriz, cineasta e escritora María Luisa Elío e poñela en relación coa transformación da paisaxe, idea moi presente na súa obra. [ × ]