
Unha caída, unha fractura, unha posibilidade é unha sección colectiva internacional na que amosamos obras que desbordan os formatos audiovisuais convencionais, definindo o eixe da liña curatorial de ... [ × ] Unha caída, unha fractura, unha posibilidade é unha sección colectiva internacional na que amosamos obras que desbordan os formatos audiovisuais convencionais, definindo o eixe da liña curatorial de INTERSECCIÓN 2022. Vertebrada polo traballo de Pauline Julier, na sección participarán tamén Allora&Calzadilla, Ana Moure + César Fuentes, Mon Cano + Íñigo Barrón, Enrique Ramírez e Edgar Díaz.BIO
×
“Entramos nun avión cuxo destino é a modernización ou a globalización e, unha vez abordo, o piloto anuncia: “Non podemos aterrar nese lugar porque xa non está”. Así que damos a volta no avió ... [ × ] “Entramos nun avión cuxo destino é a modernización ou a globalización e, unha vez abordo, o piloto anuncia: “Non podemos aterrar nese lugar porque xa non está”. Así que damos a volta no avión. Dicimos: “se a modernización xa non existe, vaiamos á terra que coñecemos, aos dominios dos nosos devanceiros”. E, por suposto, ese vello territorio tampouco existe xa. Bruno Latour en Naturales Historiae, de Pauline Julier “Onde aterrar?”, pregúntase Bruno Latour en Naturales Historiae, unha película de Pauline Julier, a que INTERSECCIÓN dedica un foco dentro da sección Unha caída, unha fractura, unha posibilidade. Nun momento no que a modernización xa non é unha opción e tampouco o é volver a como eran as cousas vai séculos, esta é, quizais, unha das preguntas máis pertinentes que facerse. Esta sección explora un espectro de miradas críticas, propositivas e especulativas sobre a crise ecolóxica á que nos afrontamos e as súas posibles saídas. Globalmente, a narrativa dominante, ata agora, foi unha de progreso e crecemento material ilimitado, á de unha liña recta que leva por diante todo o que atopa no seu camiño. Así a todo, neste estado de crise permanente no que nos atopamos, parece que os mitos comezan a caerse polo seu propio peso e as historias que nos contaran deixan de sosterse. Neste contexto, o futuro pasou de ser algo emocionante a ser algo que temer e previr. Sabemos que os relatos que adoitaban guiarnos están esgotados, pero aínda non sabemos como escribir outra narrativa para que sexa o compás que nos marque o paso nas próximas décadas. Mentres que algunhas voces insisten na idea de que o futuro está cancelado, outras aseguras que as historias que no contamos sobre o mañá son o gran territorio contemporáneo en controversia. No medio do caos e a crise planetaria, esta selección de películas pregúntase: como vivimos na incerteza?, que decidimos quedarnos e que descartamos?, que terras, linguas, aldeas, plantas, deixaremos atrás?, como choramos o que perdemos sen permitir que o loito nos paralice?, que novas perspectivas se revelan nesta caída ao descoñecido que experimentamos?, podemos sacar un novo sentido de liberdade de a todo isto? Unha caída, unha fractura, unha posibilidade achégase, dende un lente poético, á crise ecolóxica á que nos estamos enfrontando. Ás veces esperanzadoras e outras desoladoras, as pezas que se inclúen nesta sección batallan coa sensación de perda -de biodiversidade, de lugares seguros, de información, de recordos, etc.- que, coma especia, estamos experimentando e provocando. O traballo de Pauline Julier vertebra a sección a través dun foco no que se mostran obras que abordan temáticas coma a linguaxe, memoria, xeografía, loito, xeopolítica, tecnoloxía e nostalxia entre outros; asuntos polos que tamén se interesan as demais artistas que forman parte da sección. En L’homme sans image, Enrique Ramírez mira ao horizonte, mira arriba e abaixo e se pregunta, dende a inestabilidade líquida do presente, se chegará ou non a ola e que pasará despois. Pola súa parte, en The great silence, Allora&Calzadilla, é un loro o que nos interpela e se pregunta que nos levou ata aquí e que acontecerá con nós unha vez desapareza a súa especie. Ana Moure e César Fuentes exploran as relación máis-que-humanas que persoas e gorrións foron construíndo ao longo dos séculos e as transformacións que estas sufriron en Una incómoda alianza. Mon Cano e Íñigo Barrón reflexionan, en Never Ending e Polvo de Otro Planeta, sobre as implicacións materiais do dixital e especulan cun futuro onde a intelixencia artificial parece seguir avanzando, a pesar de todo, e sen nós?, cara un lugar descoñecido. The Yearning of Welfare (A nostalxia do benestar), de Edgar Díaz, penetra nas causas e consecuencias do paradigma do “fin da historia” propugnado por Francis Fukuyama e o conseguinte reprego nostálxico ao que nos aboca o futuro precario e incerto ao que nos enfrontamos.” Unha caída, unha fractura, unha posibilidadeTEXTO CURATORIAL
×
Ana Escariz