
Órbita galega
Unha das claves que dende o inicio quixeron servir como elemento diferenzador de Intersección foi apostar pola fusión das artes, comprendendo a especificidade correspondente de cada ... [ × ] Órbita galega Unha das claves que dende o inicio quixeron servir como elemento diferenzador de Intersección foi apostar pola fusión das artes, comprendendo a especificidade correspondente de cada proxecto pero tratando de quebrar as lóxicas que impoñen un modelo de etiquetas como elemento disgregador. Neste sentido, búscase que a canles de exhibición sexan cada vez máis amplas conformando unha plataforma plural na que teñan cabida as diferentes ramificacións do medio audiovisual. Se a sección galega do festival soubo reunir ano tras ano unha nómina de creadores e creadoras tan interesantes como dispares, onde o lugar común se marca dende a diferenza e permite a riqueza do noso ecosistema artístico, nesta ocasión son aínda máis notables os esforzos por suxerir novos diálogos. Por primeira vez, a sección Galicia conta con representación en dous formatos: o expositivo e o monocanle. Dende sempre, perseguimos esta interrelación entre formatos en todas as propostas que forman parte do cartel de Intersección, aínda que tamén é necesario xogar entre os límites para poñer en valor os resultados de todo este esforzo colectivo. A sección galega crece para permitirnos ampliar os rexistros cos que traballamos e dotar dunha maior consistencia a cobertura de artistas en órbita. En moitas ocasións a arte é empregada coma ferramenta de crítica social, reconfigura o subliña determinados comportamentos que poden servir como alegorías das carencias do mundo. É significativa aquí a estratexia de Laura Tabarés, quen emprega o software 3D para dar vida a un relato creepypasta en torno á figura do Softboy (un mozo sensible e intelectual), unha personaxe arquetípica coa que chamar a atención sobre a chamada masculinidade branda e o seu papel na adulteración da violencia machista. As experiencias, sociais e persoais, poden servir como medio de denuncia a través do activismo plástico. Como a obra de Cabanes Fontao, atravesada por un corpus teórico centrado na investigación da contaminación plástica do planeta, nun traballo que implica a recollida de residuos reconvertidos en niños de luz para, nesta ocasión, facelos dialogar cun vídeo onde se funden culturas e musicalidades. Outra das inquietudes revisadas dende a óptica das artes é o interese, dende un punto de vista case filosófico, polas novas realidades virtuais. Con Dígitos, Alba Mantilla somérxenos nunha sorte de distopía que conduce a repensar os límites da percepción ao aportar unha interesante reflexión sobre o vagar dos corpos nun espazo onde o concepto de morte muda de significado e aspecto. A era das pantallas poboa tamén o universo de Belén Montero nunha instalación site-specific que modifica a realidade arquitectónica do espazo inundándoa de formas que o noso imaxinario facilmente recoñece como os hashtag# das redes sociais. Xorde, de novo, o peculiar encontro entre o físico e o dixital. Outros artistas analizan a propia concepción do medio audiovisual ata radicalizar os seus límites. Mentres Alberte Pagán mantén o seu carácter militante e presenta “a película máis corta posible”, composta por un único fotograma, Alberto Ardid desarma el concepto de monocanle xogando con unha auto-referencialidade en bucle que acaba por descontrolar os campos magnéticos do medio. Así mesmo, Juan López propón un choque de realidades a través de una instalación en la que investiga las relaciones entre son e acontecemento, entre as fórmulas para enfrontar os diferentes códigos de lectura. Existen múltiples posibilidades á hora de explorar a imaxe, tantas como relatos derivados. Un deles é presentado por Roi Fernández en Contra la imagen, fuego escita, experiencia de exploración plástica e conceptual desde a que acercarse aos pensamentos e reaccións humanas a través de material de arquivo extraído de tres noticias inconexas que, reconfiguradas, sitúan novos modos de ver. Por outro lado, hai quen emprega o medio para enfrontarnos ante a pantalla e recrearse nos tempos lentos, como Eva Díez e os seus paisaxes poboados de reflexos e luz, de unha enerxía onde a casa, cuberta de espellos e despoxada do seu contexto orixinal, reflexa e é á súa vez reflexada para fundirse na natureza e suxerir outros modos de habitar o mundo. A de Iria Vázquez é tamén unha proposta lírica. Aquí, o lumínico y o movemento apuntan á sensibilidade do acto perceptivo, a atracción polo oculto e á potencialidade do cotián. Mentres tanto, Alba Villar devólvenos a unha realidade máis crúa, unha historia na cal se entretecen o autobiográfico, a pandemia, o mar e a terra para aproximarnos ata a posibilidade dunha inminente catástrofe, pero tamén á beleza do vivo. Outra paisaxe, radicalmente distinta, atopámola na instalación despregada por Pablo Aguilar e Raquel Álvarez, chea de topografías e tránsitos, de corpos que imprimen as súas pegadas no territorio deixando entrever a sensualidade das pulsións e as marcas das nosas accións. É así mesmo o corpo un dos principais soportes creativos no traballo de Monica Mura, quen nesta ocasión xoga coa dislocación perceptiva a partir do exercicio da escritura automática. Sen a posibilidade de descifrar o escrito, a súa tradución vólvese sonora, queda atrapada entre o medio dixital e o analóxico para perpetuarse a modo de banda de moebius. Estas son algunhas das formulacións destiladas na sección Galicia, que continúa ofrecendo un enfoque multidireccional capaz de abordar los intereses y directrices visuais do noso horizonte contemporáneo. Hai moitos nomes novos, tamén artistas reincidentes, e un enfoque interxeracional aberto á construción de novas redes de traballo, ao cruce de miradas e á simbiose entre a creación audiovisual que vén e á xa perpetuada. Todo iso é froito da maxia das artes no seu impulso por cuestionar o presente e construír futuros.TEXTO CURATORIAL
×