
Escolas acolle obras en competición de estudantes españolas. É unha sección pensada tanto para que amosen o seu traballo nun contexto profesional como para que desenvolvan discursos de programación, estratexias de xestión ... [ × ] Escolas acolle obras en competición de estudantes españolas. É unha sección pensada tanto para que amosen o seu traballo nun contexto profesional como para que desenvolvan discursos de programación, estratexias de xestión e coordinación. Este ano a selección e comisariado da sección corre a cargo do colectivo Arte.Facto, integrado por cinco mozas con formación na UVigo.BIO
×
A consecuencia das pegadas provocadas pola humanidade no planeta forma parte dunha era, a era do Antropoceno. Dende o 18 ata o 23 de outubro, o festival de ... [ × ] A consecuencia das pegadas provocadas pola humanidade no planeta forma parte dunha era, a era do Antropoceno. Dende o 18 ata o 23 de outubro, o festival de arte audiovisual contemporánea Intersección acollerá a múltiples e diferentes artistas que expresan, mediante técnicas videográficas e instalativas, as súas perspectivas acerca desta temática. O instinto da raza humana por sobrevivir e expandirse subxace na estrutura da propia civilización e abarca cada pequeno movemento e acción que se exerce sobre a Terra. Causa, consecuencia é unha proposta deseñada para reflexionar acerca das diversas observacións que orbiten ao redor desta cuestión, e, polo tanto, nomea á V convocatoria da súa sección Escolas. Nesta edición, a asociación cultural Arte.facto será a encargada de levar a cabo o seu comisariado e, así, a selección das pezas que a constrúen. Desta maneira, proponse unha temática definida dentro dos límites do concepto xeral que define ao festival este ano. Arte.facto é un proxecto colectivo que funciona coma un sistema interseccional de recollida, analización e conservación da creatividade da xuventude. Composto polas recentemente graduadas en Belas Artes: Marta Gil Silva, Juncal Castro Vázquez, Uxía González Fernández, Antía Encisa González e Iris Rodríguez Justo. Busca a creación de espazos expositivos, de intercambio e coñecemento de artistas emerxentes. Ademais, da colaboración con diferentes institucións para xerar unha ponte entre estas e a cidadanía. Un dos seus obxectivos clave é o achegamento da arte a todo tipo de gremios. En canto á proposta de selección final para a sección Escolas, esta, contará coa participación de 9 artistas e 2 colectivos, representando, por unha veira, as pezas monocanles (Georgina Torrado, Paula González García, María Lorente, Tamara Goberna e unha colaboración entre María Fialho e Cora Novoa), e por outra, as instalativas (Lucía Perdiz, Alejandro López Mera, Clara Borrazás, Celia Joglar Aracil, Lola Covadonga Rodríguez e outra colaboración entre Gerardo Tomé, Alba González, Aiztol Zubirraeta, Amaia Bargallo, Xavier Martín e Ibán del Campo). A Fundación Luís Seoane será a anfitrioa que acolla e expoña as pezas de vídeo – instalación, mentres que, ás monocanle, dedicaráselles unha sesión para a súa proxección. TEXTO CURATORIAL
×