
David Catá + Adrián Felípez
David Catá: David Catá + Adrián Felípez David Catá: Adrián Felípez Cunha extensa e brillante traxectoria ás súas costas, formado en C.I.F.P. Compostela, foi moldeando e definindo o seu estilo xunto a Albert Sastregener, Roberto Ruiz e os irmáns Roca. Ao longo dos seus quince anos de profesión deu vida a dous restaurantes propios con personalidades moi dispares, os cales reflicten a súa paixón e exquisitez pola cociña como modo de vida. Mostra diso son as numerosas distincións e premios que recibiu, como Os Galardóns Q ou o recoñecemento BibGourmand de guía Michelin. Tomou as rendas de “Faragulla” cunha carta baseada en ingredientes de proximidade e tempada, aderezados con creatividade, delicadeza, inconformismo e innovación e, este restaurante afianzouse alcanzando recoñecementos como “Galicia Calidade” e “BibGourmand “, que avalan o seu esforzo e a satisfacción dos seus clientes, aos que lles sobran motivos para sentar de novo á súa mesa.
Artista contemporáneo que traballa entre Galicia e Madrid. Compaxinou os seus estudos de acordeón no conservatorio profesional ... [ × ] BIO
×
Artista contemporáneo que traballa entre Galicia e Madrid. Compaxinou os seus estudos de acordeón no conservatorio profesional de música co Grao en Belas Artes (2010) pola Universidade de Vigo. Posteriormente, continuou os seus estudos artísticos en Madrid cursando o mestrado “Concepto e Creación” no Centro Internacional de Fotografía e Cine, EFTI (2011), obtendo o premio ao primeiro da súa promoción. O seu traballo pode considerarse multidisciplinar, dende o emprego da fotografía, a videocreación, a pintura e a música. Compón pezas musicais inspiradas nos seus proxectos plásticos, dotándoos así de banda sonora propia. O efémero da vida, a pegada física e inmaterial, a dor emocional… están estreitamente ligados á súa traxectoria artística. A súa obra foi exposta en diferentes países e posúe recoñecemento internacional como artista seleccionado en diferentes concursos e exposición de Camboxa, México, Perú, Chile, Brasil, Alemaña, Estados Unidos, Portugal, España.
O Chef que non deixa de evolucionar con curiosidade, disciplina e enxeño, manténdose fiel á súa esencia.
A fraxilidade da memoria
David Catá
“A fraxilidade da memoria” é un concerto autobiográfico no que música e imaxe dialogan a través de ... [ × ] A fraxilidade da memoria “A fraxilidade da memoria” é un concerto autobiográfico no que música e imaxe dialogan a través de pezas musicais de autoría propia inspiradas no meu traballo plástico. O relato vivencial da miña bisavoa materna, Perpetua, é o xerme do meu interese por temas como a memoria, o esquecemento, o tempo, o loito ou a perda como parte inevitable da vida, inspirando deste modo imaxes e melodías refuxio da memoria e da fraxilidade atemporal dos recordos. A recuperación de historias familiares e a exteriorización de acontecementos e emocións persoais a través da arte e a música dan lugar a un traballo introspectivo e persoal pero ao mesmo tempo universal, conectando ao espectador coas súas emocións e recordos máis profundos. Unha viaxe a través dos sentidos con banda sonora propia que nos conecta co noso eu máis emocional.TEXTO CURATORIAL
×
David Catá