Galicia

Galicia

Texto de Sara Donoso

Para mirar o panorama audiovisual galego é necesario, ás veces, tomar unha distancia que nos permita comprender realmente a onde nos leva pensar o termo. Poñer en interdito as modas, as etiquetas ou programas oficiais para entender o reflexo polisémico da produción actual. Se o ano pasado a sección galega de INTERSECCIÓN xa daba conta das derivacións da linguaxe, nesta ocasión multiplícanse os esforzos e son un total de doce artistas quenes expoñen a versatilidade do medio.

Sesión I

Verónica Vicente - Figuras decorativas

Figuras Decorativas

Verónica Vicente

Vídeo  |  cor  |  sen sonido  |  5 min  |  2018  |  Premiere mundial

Figuras decorativas supón un acercamento ao corpo dende unha orientación contemporánea. Verónica Vicente propón transformar o corpo literalmente nun obxecto decorativo. Os límites corporais quedan definidos non coma entidades humanas senón coma materia propia dos obxectos. O resultado é completamente estético, atractivo, o corpo cicélase para adaptarse ao medio tomando unha postura que non lle resulta propia e renunciando ao seu estado anterior.

Transfiguración - Carla Andrade

Transfiguración

Carla Andrade

Súper 8  |  cor y b/n  |  sen sonido  |  7 min  |  2019  |  Premiere mundial

 

Unha posta de sol observada mediante as propias limitacións das nosas capacidades cognitivas. Os efectos ópticos revelan fidelidade á realidade e son, ao mesmo tempo, unha ponte aos procesos alquímicos que se producen durante este encontro diario coa alteridade radical.

Carme Nogueira - Llamada a la escuela

Llamada a la escuela

Carme Nogueira

Vídeo  |  16:9  |  cor  |  son  |  4 min  |  2019  |  Premiere mundial

Llamada a la escuela é un traballo que deconstrúe unha pasaxe (a visita á escola) de Las Hurdes tierra sin pan de Buñuel (1933). Sobre o audio da versión sonorizada coa voz de Paco Rabal, a autora traballa poñendo á luz unha serie de materiais de arquivo que visibilizan outras realidades coetáneas á película: a das clases de dous profesores que traballaron con metodoloxías innovadoras en dous pobos das Hurdes. As imaxes de Llamada a la escuela son os materiais resultantes desta experiencia artística cuxa intención é agrandar o espazo da imaxinación e a posibilidade.

Carla Andrade - Cando os ellos non bastan

Cando os ollos non bastan

Carla Andrade

Súper 8  |  cor y b/n  |  sen son  |  3 min  |  2019  |  Premiere mundial

Os textos da poeta Nieves Neira Roca fusiónanse con imaxes do lugar onde medrei,  nunha fuga cara atrás como resposta á imposibilidade de representar unha realidade máis alá da propia.

Félix Fernández - Subtextos de un Patrón de Mantenimiento

Subtextos de un patrón de mantenimiento

Félix Fernández

Vídeo  | 16:9  | cor |  son | 10 min  | 2019 | Premiere mundial

Coma se dun conto se tratase, un narrador guíanos polas diferentes estancias subterráneas dunha arquitectura en construción, seguindo os movementos erráticos dunha personaxe gris, coa intención de mostrarnos as entrañas dunha crise institucional, dun descrédito popular das decisións dos seus dirixentes, dunha disfuncionalidade estrutural que o atravesa todo e onde a fraxilidade aparece asomada vertixinosamente dende o máis alto.

Lara e Noa Castro - Correspondencia

Correspondencia. O privire pentru alți ochi

Lara y Noa Castro

Vídeo  |  cor  |  son  |  23 min  |  2019  |  Premiere mundial

As pezas audiovisuais que compoñen esta proposta están realizadas a modo de cartas, nunha especie de correspondencia entre Galicia e Romanía. O emprego específico do medio audiovisual posibilita ese intercambio de información que transcende ás palabras, as agranda, despregando un espectro máis amplo de significados. Así, apropiámonos dos códigos da narración epistolar, buscando que nas cartas a forma se sobrepoña aos contidos e á súa cronoloxía, pero que de algunha forma exista unha reacción directa ou indirecta, causada nalgúns casos polo afán de contar, e noutros, pola necesidade de responder.

Edu Fernández - Le danseur des solitweets

O bailaor de soituits

Edu Fernández

Vídeo  |  16:9  |  cor  |  son |  3 min  |  2019  |  Premiere mundial

O artista Edu Fernández, abandonado nun deses escenarios do feísmo galego e acompañado dunha cámara GoPro, interpreta unha danza dos tuits da súa conta de Twitter @dufpearl. A retranca e a arte urbana van da man nesta breve peza de videoarte. Foi inspirada polo extraordinario libro sobre o bailaor de flamenco posmoderno Israel Galván, El bailaor de soledades de Georges Didi-Huberman. A música é de Jchlbeats.

Sesión II

Alberte Pagen - 6x9

6x9

Alberte Pagán

Vídeo  |  6:9  |  cor  |  sen son, 9 min  |  2019  |  Premiere mundial

75 velhas fotografias topadas no mercado de Hietalahti de Helsinki a finais de agosto de 2019 e mercadas por 60€. 83 rostos anônimos que nos olham, às vezes de esguelho, desde há mais dum século. Mas sí ficam bem impressos nos cartóns os nomes das e dos fotógrafos. A falsidade da arte: fotografamos umha mulher, umha família, para “imortalizá-la”. O único que se conserva 150 anos despois é o nome do estudo fotográfico.

Nom pode haver interpretaçom destas vidas congeladas no papel. Só o seu tamanho: 6 x 9 centímetros. E o tempo concedido: 7,5 segundos.

Iria Vázquez - Ensaio

Ensaio

Iria Vázquez

Vídeo  |  16:9  |  cor  |  son  |  2 min  |  2019  |  Premiere mundial

ENSAIO, forma parte do proxecto Telos, que comprende e entrelaza distintos campos e disciplinas (fotografía, vídeo, danza, performance). É un proxecto de investigación artística, que se da en forma de laboratorio, en colaboración con artistas procedentes de diferentes disciplinas. Reflexiona, principalmente, sobre os elementos e conceptos que interveñen no proceso de xeración dunha obra.

Iago Eireos - Justicia

Justicia

Iago Eireos

Vídeo  |  16:9  |  cor  |  son  |  3 min  |  2018

La obra JUSTICIA transita entre el lenguaje cinético y sonoro. La instalación genera un juego de fuerzas y movimientos cíclicos que provocan una respuesta desde la tensión, el equilibrio y la inflexión, respondiendo, por tanto, a un axioma que toma los patrones y armonía propia de la ciencia como lógica funcional y pragmática.

La lógica como ciencia constituye el instrumento formal básico y más importante para el estudio, análisis e interpretación de las normas que constituyen la columna vertebral del derecho actual.

Cillas Rodríguez - Twins

Twins

Cillas Rodríguez

Twins é unha vídeo instalación composta por dúas proxeccións de vídeo. Ambas as proxeccións recollen un único plano-secuencia dun mesmo percorrido e posúen a mesma duración. Con todo, un dos vídeos reprodúcese máis lentamente que o outro. Este traballo interpreta o paradoxo da relatividade do espazo-tempo.

Twins é unha vídeo instalación composta por dúas proxeccións de vídeo. Ambas as proxeccións recollen un único plano-secuencia dun mesmo percorrido e posúen a mesma duración. Con todo, un dos vídeos reprodúcese máis lentamente que o outro. Este traballo interpreta o paradoxo da relatividade do espazo-tempo.

Teresa Bua- Jeada

Jeada

Teresa Búa

Vídeo  |  16:9  |  cor  |  son  |  11 min  |  2018

Jeada é unha peza de consciencia lingüística, nela a artista achégase á lingua galega a través do fenómeno fonético da gheada, coma se dun retrato da súa zona xeográfica se tratase. A pronunciación de dito fenómeno corresponde co fonema /x/. A forma é automática e repetitiva. A peza expón unha lingua cóctel á que denominamos “castrapo”, converténdose nun retrato da situación lingüística galega, pero realmente canto de galego ten?

Vázquez Arrieta - Bajada

BAJADA (Everybody gives up sooner or later)

Vázquez/Arrieta

Vídeo  |  4:3  |  cor  |  son por Marta Valverde  |  4 min  |  2015  |  Premiere gallega

As horas previas á celebración da chegada do solsticio de verán, xs skaters da zona baixaban cos seus patines pola calzada que une o centro da vila co skate park a Kantera. Nos 90 instaláronse na calzada pasos de peóns elevados, aportando ao trazado un elemento difícil de sortear. Tras un accidente grave, a baixada deixou de celebrarse. A peza amosa unha traxectoria alternativa de descenso á Kantera, que transcorre entre a herba e o asfalto, cuxo punto de unión é difícil de sortear, e onde a descontinuidade aumenta cada vez que se intenta traspasar.