J.P. Sniadecki

Foco

Foco

J.P. Sniadecki

É un cineasta e antropólogo que traballa entre China e os Estados Unidos, filmando con enorme sutileza e contundencia situacións políticas, económicas, sociais e humanas tremendamente complexas, producindo sempre obras de gran sensibilidade estética. A narratividade das súas películas constrúese ao través dunha documentación que posúe sempre a riqueza e a ambigüidade do testemuño humano. Os traballos de Sniadecki, nunca se conforman coa observación, nin se estancan no literal, senón que van máis alá do xénero documental na súa concepción visual, xerando imaxes plásticas e poéticas, que falan da realidade de xeito máis próximo á arte. 

Sesión I

Foreign Parts Sniadecki

Foreign Parts

Vídeo HD  | cor | son |  80’ | EEUU | 2010

Na cidade de Nova York hai partes ignoradas, estrañas, asolagadas de persoas igualmente peculiares. Foreign Parts é un retrato revelador e tenro de Willets Point, Queens, que fala dos moitos camiños que tomou o soño americano.

J.P. Sniadecki - Foreign Parts

Sesión II

Yumen Sniadecki

Yumen

Vídeo HD  | color |  son | 65’ |   EEUU e CN | 2010

Na cidade case fantasma de Yumen, Sniadecki reúne o xesto narrativo, a arte de performance e o realismo socialista nun collage cru e radiante que non só xoga coas convencións e desafía o xénero, senón que tamén rende homenaxe a un mundo de vida que desaparece e a un medio que se esvaece.

J.P. Sniadecki - Yumen

Sesión III

El mar la mar - Sniadecki

El mar la mar

Vídeo HD  | cor | son  | 94’ | EEUU |  2010 | Premiere galega

Nesta viaxe inmersiva polo deserto de Sonora, entre Estados Unidos e México, os homes e as mulleres ven monstros, bestas, obxectos que abandonan aos vivos e os mortos e un mar de escuridade infinita, que o autor presenta envolto nunha banda sonora nocturna e uns testemuños desgarradores.

J.P. Sniadecki - El mar la mar