18-23 OCT   A CORUÑA

Matias Brunacci

Matias Brunacci é un artista, desenvolvedor e tecnólogo creativo nacido en Bos Aires e afincado en Berlín, cuxos traballos van desde performances audiovisuais ata realidades virtuais. Dentro de ambientes inmersivos, Matías crea espazos rituais de tecnochamanismo, que exploran a relación home-máquina, centrándose en temas como o futurismo ancestral e o neopaganismo. Investiga artísticamente outros usos das tecnoloxías de vangarda, amplificando e mesturando os seus efectos para crear diferentes realidades e estados de conciencia. Realizou un mestrado en Novos Medios e Arte Computacional na Universidade das Artes de Bos Aires -UNA- en Arxentina, rematando os seus estudos no marco do Programa de Intercambio de Estudantes de Arte Xerativa e Computacional da Universidade das Artes de Berlín. UdK – en Alemaña. O seu traballo foi exposto en Berlín, Bos Aires, Nova York, Ámsterdam e Italia, entre outros.