18-23 OCT   A CORUÑA

Enrique Ramirez

Enrique Ramírez naceu en 1979 en Santiago de Chile. Desde 2010 vive e traballa entre París (Francia) e Santiago (Chile). Estudou música popular e cine en Chile antes de incorporarse ao posgrao de arte contemporánea e novos medios de Le Fresnoy – Studio National des Arts Contemporains (Tourcoing, Francia). En 2014 gañou o premio Découverte des Amis du Palais de Tokyo, París, Francia. Desde entón expuxo en Le Palais de Tokyo, Centre Pompidou, Espace Culturel Louis Vuitton, Francia, Le Grand Café, Saint-Nazaire, Francia. En América Latina, Museo Amparo, Puebla, México; Museo da Memoria, Santiago; Centro Cultural MATTA, Embaixada de Chile en Arxentina, Bos Aires, entre outros.
En 2017, a obra de Enrique Ramírez exponse na Biennale di Venezia na exposición “Arte Viva Arte”, comisariada por Christine Macel. Hoxe Ramírez foi nomeado para o Premio Marcel Duchamp 2020.