18-23 OCT   A CORUÑA

Afra Rigamonti

Artista multidisciplinar, cultiva diversos territorios que abarcan a fotografía, a montaxe de documentais e de obras de ficción, así como a realización de obras experimentais. Nestes campos, contribuíu á creación de longametraxes de ficción, documentais e diversos vídeos creacións que reflexionan sobre o estatuto da imaxe na era dixital, exhibidos e premiados en festivais como San Sebastián, Locarno ou Tallín. Tamén deixou a súa pegada persoal en obras que son consideradas como referentes na produción crítica da representación sobre as identidades e as corporalidades non normativas, temática na que centra a súa actual busca para a súa próxima longametraxe como directora. Recentemente, exhibiu a súa obra como fotógrafa e montadora na exposición “La noche incandescente, viaje al fondo del querer vivir”, comisariada por Valentín Roma no Palacio de La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona.