INTERSECCIÓN – Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, leva implementando accións de sustentabilidade e compromiso social desde os seus comezos no ano 2018.

 

O pasado ano 2021 decidimos dar un paso máis na dirección de ser un evento máis sostible adheríndonos á iniciativa “Pacto Cultura Sustentable”, unha alianza entre entidades do ámbito da cultura que nos sentimos chamados á acción para a transformación do noso planeta e que ten como obxectivo facilitar e dinamizar a transformación do tecido cultural galego para a súa contribución ao desenvolvemento sostible. Porque a sustentabilidade non é algo illado, ou que teña que transcorrer en paralelo á nosa actividade, a sustentabilidade é parte intrínseca de INTERSECCIÓN.

 

Como festival, somos conscientes da capacidade que temos para poder exercer de impulsores e catalizadores na implantación de accións que axuden a contribuír aos obxectivos da Axenda 2030, así como de influír en todas aquelas entidades e persoas que de forma directa ou indirecta están vinculadas ao noso proxecto, e para iso contamos cunha política de sustentabilidade que ten por obxectivo o aliñamento de todas as nosas actuacións cun propósito, contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

 

De acordo a esta política, a nosa actividade deberá garantir:

 

  • A igualdade e a diversidade (ODS 5)
  • Condicións de traballo dignas (ODS 8)
  • A adopción de medidas que garantan a accesibilidade (física, motora, cognitiva, sensorial e orgánica) (ODS 10)
  • A adopción de medidas de seguridade, saúde, hixiene e benestar (ODS 3)
  • Minimizar o consumo enerxético e, sempre que sexa posible, abastecerse de fontes renovables ou menos contaminantes. (ODS 7)
  • Minimizar o consumo de auga e garantir o acceso gratuíto á auga potable (ODS 6)
  • A promoción do transporte público compartido e fomentar a idea de multimodalidad (ODS 13)
  • A implantación de criterios de economía circular: reducir, reutilizar e reciclar, e dispoñer dun sistema adecuado de recollida e xestión dos residuos (ODS 12)
  • A medición de indicadores (ODS 8)
  • O apoio ao ecosistema artístico local (ODS 11)
  • A colaboración con empresas locais (ODS 11)
  • A identificación dos grupos de interese (ODS 17)

 

Ademais, como integrantes do Pacto Cultura Sustentable, subscribimos para o ano 2022, os seguintes obxectivos:

 

  • Identificar as barreiras que impiden a accesibilidade universal aos nosos eventos.
  • Eliminar o 100% dos plásticos dun só uso.
  • Medir a pegada de CO2 (Alcances 1 e 2)
  • Identificar os grupos de interese.

 

En paralelo ás accións que poñeremos en marcha para alcanzar estes obxectivos, nesta edición continúan vixente accións xa implantadas en edicións anteriores como son: dispoñer de mecanismos que garantan a presenza de mulleres no equipo de produción e na programación, emprego dunha linguaxe non sexista, libre de estereotipos e prexuízos, contar con persoal para asistir a persoas con mobilidade reducida, emprego de vehículos eléctricos, reutilización de elementos en produción, dispoñer dunha oferta gastronómica diversa ou colaborar con entidades de proximidade ou locais. 

 

A totalidade das accións en materia de sustentabilidade recolleranse na Memoria de Sustentabilidade do festival que será publicada unha vez finalizado este.