18-23 OCT   A CORUÑA

Xoán Anleo

Xoán Anleo, doutor en Belas Artes pola UCLM e profesor da Universidade de Vigo. Estivo presente na escena artística dende os anos oitenta realizando exposición individuais en diferentes centros de arte nacionais e internacionais. O seu traballo aborda os procesos relacionados coas políticas da representación, a produción de subxectividade e os procesos de significación entendidos como modalidades de subxectivación e deconstrución das identidades, prestando un gran interese a medios diversos como o vídeo, a fotografía, a instalación, a danza ao igual que ao formato de publicación, tan diversos como múltiples: libros de artista, tarxetas ou carteis.