18-23 OCT   A CORUÑA

Tamara Goberna García

España, 5/11/2000

Recén graduada en Belas Artes en Pontevedra no ano 2022 e en prácticas de formación audiovisual na Facultade de Belas Artes de Pontevedra durante o curso 2021-2022.
Neste último curso, no eido audiovisual, Tamara participou nun obradoiro impartido polo cineasta Adrián Canoura, nunha sección dentro do festival de cines Novos denominada “Videohipnose. Experimentando co cine na era dixital”, do que hai unha entrevista. no programa Zigzag da TVG e o ano anterior con Eloy Domínguez Serén.
Tamén foi seleccionada na sección “Sinais III” do festival S8 e a anterior en “Autoetnografías de cine de artista”.
Estivo dirixindo e desenvolvendo un proxecto de vídeo colectivo “@aaquetecalleees”. Destaca o seu interese polo medio audiovisual e a súa participación en festivais como os cines S8 e Novos cinemas.
Tamén participou en dúas exposicións recentes na Zona C de Santiago “Ausencias, esencias, presencias” e en La Esquina de Refugallo Arte na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, así como nun traballo de documentación das residencias artísticas do Pazo. de Mariñán.