18-23 OCT   A CORUÑA

Susanne Wiegner

Alemania, 7/12/1961

Susanne Wiegner estudou arquitectura na Academia de Belas Artes de Múnic e no Instituto Pratt de Nova York. Traballa como arquitecta e artista 3D en Múnic (Alemaña). Ademais de proxectos no espazo real, leva varios anos creando animacións por ordenador en 3D que tratan sobre a literatura e o espazo virtual. Entre os lugares onde se expuxo a súa obra están a Pinakothek der Moderne de Múnic, o ZKM de Karlsruhe, o Art + Technology Center EYEBEAM de Nova York, o FACT de Liverpool, o FILE de Sao Paulo, o Torrance Art Museum de Los Ángeles, WRO Biennale Wroclaw, Vilnius National Gallery of Art re-new, Copenhagen Digital Art Festival, Taipei National Museum of Fine Arts, Les Rencontres International, París/Berlín, EMAF, Osnabrück, Videonale 16, Kunsthalle, Bonn, intersección, A Coruña e festivais en Marsella, Rotterdam, Berlín, Atenas, Lisboa, Toulouse, Nova Delhi, Damasco, Beirut, Viena, Tokio, Bos Aires, Moscova, Macau, Londres, etc. En 2011 a súa película “just midnight” foi a gañadora do festival “la parola immaginata” de Bérgamo, Italia, e en 2012 a súa película “at the museum” gañou o Ballon-Prize no Crosstalk VideoArtFestival 2012, Budapest, Hungría. En 2014, a súa película “Love in the Age of the EU” foi seleccionada como unha das tres mellores películas en ZEBRA Poem 2014, Berlín. En 2015, a súa película “the light – the shadow” foi a gañadora do concurso internacional CYCLOP, Festival de Videopoesía, Kiev, Ucraína e recibiu o segundo lugar no premio FILE ANIMA+ 2016. En 2020 a súa película de poesía “Contemplation is watching” gañou o Primeiro Premio no Atticus Review Video Poem Contest, EUA e en 2021 a súa película “ruhwunsch” baseada nun poema de Antonio Fian.