18-23 OCT   A CORUÑA

Pilar Monsell

Pilar Monsell, Córdoba (1979), é cineasta, guionista, montadora e investigadora. Mestrado en Cine Documental de Creación e Mestrado en Estudios de Cine e Audiovisual Contemporáneos na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. O seu primeiro traballo, Distancias, recibe o Premio do Público no 49 Festival dei Popoli 2008 en Florencia. EN 2012, finaliza a curtametraxe Pan, trabajo y libertad, que estrea no Festival Internacional de Cine – Doc Lisboa. A súa primeira longametraxe documental África 815 gañou o Premio Exhibición Festival Márgenes 2014, Mejor Documental Zinegoak Bilbao 2015, Mención Especial del Jurado en CEME DOC México, Premio Panorama Platja D’Aro en Festival L’Alternativa de Barcelona 2015 e tivo unha longa traxectoria en festivais internacionais. En 2017, a súa curtametraxe Dos sueños después gaña o Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Málaga e a Mención de Honra da Sección Fronteras Destruidas do Festival Internacional de Cine Independiente de Lima, a Nominación a Mejor Cortometraje Documental dos Premios ASECAN do Cine Andaluz e a Aide Aprés Realisation do CNC francés para curtametraxes auto-producidas. En 2018-2019 traballa como realizadora para La Sexta TV e estrea o documental para televisión ELLAS, recibindo o Premio Triángulo Cultura COGAM á Mellor Dirección. Ese mesmo ano, estrea a súa curtametraxe Una revuelta sin imágenes, obtendo a Mención de Honor no FIBDA Buenos Aires 2022 e Nominado a Mejor Cortometraje Documental nos Premios ASECAN 2020, tras estrearse no New York Film Festival e pasar por numerosos festivais en América e Europa.