18-23 OCT   A CORUÑA

Pauline Julier

Explorando as conexións entre os humanos e o seu ecosistema

Pauline Julier é artista e cineasta. Explora os vínculos que o ser humano crea co seu entorno a través de historias, rituais, coñecementos e imaxes. As súas películas e instalacións compóñense de elementos de diversa orixe (documental, teórico, ficticio) para restituír a complexidade da nosa relación co mundo.

“Como transmitimos a cultura dunha xeración a outra? Como podemos orientarnos no tiempo e no espazo? Nunca é unha tarea fácil. Sobre todo para os que se autodenominan “modernos” ou “posmodernos”, porque sempre teñen unha relación incómoda coa tradición e a herdanza. Non se supón que deben romper coa tradición para liberarse do peso do pasado? Pero, libres para que? Pauline Julier escenifica como cada xeración ten que plantearse de novo esta cuestión”. Bruno Latour, Retomar a modernidade! Exposición no ZKM de Karlsruhe, 2016.

As súas instalacións e películas proxectáronse en centros de arte contemporáneo, institucións e festivais de todo o mundo, como o Centro Pompidou (París), Loop (Barcelona), Visions du Réel (Nyon), Tokyo Wonder Site (Tokio), Museo de Arte Moderno de Tanzania, Centro de Arte de Xinebra, Palazzo Grassi (Venecia), Nova Iorque, Madrid, Berlín, Zagreb, Cinémathèque de Toronto e o Museo Pera de Estambul. Julier expuxo en solitario no Centre Culturel Suisse de París (CCS) en 2017. Completou unha residencia dun ano en Roma en 2020 no Istituto Svizzero, e a súa película “Naturales Historiae” proxectouse en liña en Vdrome.org. A súa nova película, “Way Beyond”, estreouse en competición no Festival Visions du Reel e estivo nos cines de Suiza no inverno de 2021. Recibiu o Swiss Art Award 2021 en Basilea e realizou unha gran instalación no Instituto de Arte Contemporáneo de Villeurbanne (FR- febreiro 2022). MEADOW, o seu último libro de artista, acaba de ser publicado por Roma Publications Amsterdam.