18-23 OCT   A CORUÑA

Paula González, Gloria Gutiérrez, Andrés Santacruz Diaz

España, Colombia

Paula González, Gloria Gutiérrez e Andrés Santacruz coñecéronse durante a súa formación en Cine Documental na ECAM. Os tres comparten intereses como a exploración da identidade, a intimidade e a linguaxe audiovisual. Xuntos dirixen A Festa da Fin do Mundo, unha peza coa que queren reflexionar sobre a distancia, a soidade e a incerteza durante o confinamento no contexto da COVID-19.